Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 01 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

GañaMos non asistirá ao Pleno Extraordinario de Mos

Dende o grupo municipal GañaMos  informan que non acudirán ao Pleno Extraordinario de Mos, aseguran que “non imos ser cómplices do despilfarro e a mala xestión  de  Arévalo, non imos ser participes desta falla de respecto ás veciñas e veciños de Mos. Por iso, non asistiremos ao pleno extraordinario do venres 2, cando o único obxecto desta convocatoria é aprobar un PXOM que agrava aínda máis os problemas urbanísticos da nosa  vila”.

 

Nun comunicado engaden que “o PXOM  que fixo o equipo redactor por esixencia da Xunta de Galicia non melloran este desastroso Plan de Urbanismo do PP de Mos, xa que mantéñense as rúas estreitas, a mestura de solo industrial e residencial… Este Pleno supón un gasto extraordinario de 2.280 €, polo que resulta a todas luces incomprensible esta celebración específica, habendo dous plenos ordinarios nestas datas”.

 

Ademáis sinalan  que no mes pasado  “convocáronse  sete Comisións Informativas, varias delas repetidas na mesma área, nas que maioría dos casos non se toman decisións, e que causan un gasto promedio  de 500 €, resulta un total de 3.500 €. Todo iso acumula  un gasto de  5.780 €, aos que engadiríamos outros 2.280 € polo pleno extraordinario, en total 8.060 €”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.