Galicia
Medio ambiente traballa na redacción da Guía de Cor e Materiais de Galicia
A directora do Instituto de Estudos do Territorio mantivo un encontro con Antonio Maroño Cal, decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, ao que lle indicou que a Xunta iniciará agora a análise da totalidade dos documentos
![[Img #29151]](upload/img/periodico/img_29151.jpg)
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio recibiu o traballo elaborado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a redacción da Guía de Cor e Materiais de Galicia. A directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, mantivo un encontro co decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño Cal, ao que lle indicou que a partir de agora o IET analizará a totalidade dos documentos para integralo neste proxectos de protección da paisaxe.
Cómpre recordar que a Guía de cor e materiais é un traballo que se leva a cabo en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, á que se destinou un orzamento de 163.000 euros, e que pretende dotar á Comunidade dunhas directrices técnicas, científicas e obxectivas para regular o emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes de Galicia.
Santé Riveira agradeceu o labor e a dedicación dos equipos técnicos (conformados por case 40 persoas con perfís profesionais como: arquitectos, licenciados en Historia da Arte, xeógrafos, deseñadores de interiores, enxeñeiros forestais, profesores universitarios expertos na materia...), que levaron a cabo un importante traballo de campo durante o que recompilación importantes datos, como fotografías, mostras de cor, coordenadas... Salientou que esta información elaborouse unha ficha para cada unha das preto de 3.800 edificacións analizadas.
Os equipos de traballo baseáronse nas 12 grandes áreas paisaxísticas que identifica o Catálogo das Paisaxes de Galicia, polo que vai tratar de procurar acadar analoxías coa arquitectura popular destas áreas. Na guía plasmaranse unha serie de recomendacións e propostas prácticas, que terán un carácter orientativo e que poderán servir de fundamento e axuda para os plans urbanísticos e instrumentos de ordenación do territorio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149