Provincia
Constituida a área Metropolitana de Vigo coa ausencia do PP
Abel Caballero, elixido primeiro presidente da Área Metropolitana de Vigo
![[Img #29156]](upload/img/periodico/img_29156.jpg)
Este xoves na Casa das Artes de Vigo celebrouse a sesión constitutiva da área Metropolitana de Vigo na que foi elixido Abel Caballero,l alcalde de Vigo, como presidente por maioría absoluta, contando cos votos a favor de 28 asemblearios, un voto en contra de Agrupación de Electores de Redondela e coa ausencia dos membros do Partido Popular que abandonaron a sesión antes de que se producise a votación.
A primeira sesión do ente supramunicipal proclamou presidente ao alcalde de Vigo por maioría absoluta cos votos favorables de 28 concelleiros e concelleiras metropolitanos, o voto encontra de AER e coa ausencia dos representantes do Partido Popular que abandonaron a sala. No seu discurso, Caballero destacou a importancia do acto e a vontade da Área de "mellorar a vida da súa cidadanía".
Abel Caballero tomou a palabra para presentar a súa candidatura cualificando de "grave" e "acción indigna" a ruptura "dun procedemento democrático" por parte dos concelleiros do PP que abandonaron a sesión despois de ter tomado posesión no Pleno da Área Metropolitana.
O rexedor vigués manifestou que "a unión é a forza, no local; no municipal tamén" e que a Área Metropolitana é un "sentimento compartido e levámolo na alma e no corazón porque nacemos con el" e que o desexo de constituír o ente supramunicipal debe reflectirse en melloras tanxibles da vida da xente, polo que lle pediu á Asemblea Metropolitana suma de esforzos para levala adiante entre concelleiras e concelleiros de 14 municipios de diferentes posicionamentos políticos que representan a 478.326 habitantes "que confían en nós e que queren que se constitúa a Área, que bota a andar para mellorar a súa calidade de vida." Así afirmou que a área nace "con forza, ganas e coa lexitimidade democrática que lle dades todos os que estades aquí".
Sobre o funcionamento da Área Metropolitana, Caballero apuntou que "compartirmos economía, espazos, símbolos, sensacións e hoxe, coa Lei vixente, seguiremos potenciando os acordos e resolvendo as discrepancias porque o común está aquí", engadindo que "todos somos iguais e importantes porque somos, sobre todo, cidadáns e sentímonos preto da nosa cidadanía".
![[Img #29157]](upload/img/periodico/img_29157.jpg)
No seu discurso, o alcalde olívico declarou a súa vontade de presidir a Área Metropolitana "para ir todos xuntos, para coordinar e falar de forma continua" poñendo por diante á cidadanía "porque nas competencias todos somos iguais" e adiantou que "resolveremos o problema do transporte metropolitano tan pronto constituamos o goberno; ese mesmo día", amais, reiterou o compromiso asumido polos 14 municipios de ampliar o ente supramunicipal a todos os concellos que teñen solicitada a súa entrada "para que non falte ninguén".
En canto ás cuestións pendentes que debe abordar a Área Metropolitana, Caballero mencionou o ámbito das infraestruturas, os servizos, o desenvolvemento tecnolóxico e o financiamento dende a Comunidade Autónoma, así como o tren de alta velocidade ou as autovías básicas pendentes que cómpre reclamarlle ao Estado. Amais referiuse á necesidade de "seguir vertebrando o territorio" coa eliminación de peaxes como a existente entre Vigo e Redondela. Destacou o reto de crear unha "administración moderna e eficiente que permita máis e mellores servizos cidadás" recoñecendo que neste comezo da posta en marcha da Área, Vigo terá que asumir unha parte da responsabilidade de dotación material.
Intervencións
Durante a sesión constitutiva, o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, tomou a palabra en representación dos alcaldes e concelleiros de Movemento Salceda, GañaMos, Marea de Vigo e Alternativa Canguesa de Esquerdas. Pazos criticou o "espectáculo bochornoso" dos asemblearios populares e avogou pola defensa do público dentro do ente supramunicipal sen inxerencias.
En representación do BNG, interveu Mercedes Giráldez, concelleira de Cangas, quen amosou a súa crenza "profunda" na Área Metropolitana, algo que leva anos bloqueando, dixo, o Partido Popular. Ricardo Figueroa, concelleiro de Agrupación de Electores Redondela, manifestou o seu rexeitamento á candidatura do alcalde de Vigo mentres Carlos López Font, en nome dos socialistas, amosou a súa satisfacción neste "día histórico, esperado longamente" no que comeza o camiño dun proxecto ambicioso.
Os concelleiros do PP acusan a Caballero de incumprir a súa palabra
Os concelleiros metropolitanos do Partido Popular, reclamaron hoxe "a necesidade de que Abel Caballero cese no seu empreño de facer cidadáns de primeira e cidadáns de segunda categoría e integre ao Concello de Vigo no plan de transporte metropolitano de Galicia nos termos acordados". “Con elo, evitaría que a Área Metropolitana estea condeada a nacer, dende o primeiro momento, coa obriga de reclamar diante dos tribunais o dereito a ser cidadáns metropolitanos coas mesmas obrigas pero tamén cos mesmos dereitos, sen privalos de dereitos e aforros económicos dos que xa gozan veciños e veciñas doutras zonas de Galicia”, sosteñen os membros do Partido Popular no escrito presentado esta mañá na reunión constitutiva da área.
Os populares manifestaron a súa rotunda oposición a que se avance no proceso de constitución da área namentres non se cumpra o requisito imprescindible, así recollido nos convenios firmados, de que o Concello de Vigo se integre de forma efectiva no transporte metropolitano. Do contrario, afirman os concelleiros metropolitanos do Partido Popular, “o sistema suporía cargas financeiras aos veciños dos nosos concellos sen que se lles prestase o servizo fundamental que lle dá a razón de ser á área metropolitana e do que deberían derivar, como elemento estruturante, tódolos demais”. Os prexudicados, sinalan os populares, "serían tódolos veciños da área, porque, namentres, tampouco os veciños de Vigo se poden beneficiar dos descontos que a entrada en funcionamento do transporte metropolitano supón".
Ademais, aludiron ao informe do Consello Consultivo, un organismo ao que acudiu o propio Abel Caballero para solucionar dúbidas ao respecto da área, e no que se di, literalmente, que “a aplicación de tarifas diferentes aos usuarios por razón de empadroamento non se contempla” e que “a efectiva posta en funcionamento da Área Metropolitana de Vigo está condicionada á previa integración efectiva do transporte urbano de Vigo no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia”.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, resumiu a posición dos rexedores do Partido Popular: “Queremos que Abel Caballero cumpra coa súa firma e coa súa palabra. Esta área é ilegal e vai nacer morta. Sei que hai que esperar dous anos para marchar dela, pero se poden pasar dous anos sendo un concello presencial, sen participar. Isto non é o que se votou nos concellos. Votouse un área vinculada a un transporte e iso non se está a cumprir. O que ten que facer o alcalde de Vigo é integrar o transporte de Vigo na rede metropolitana. Mentres iso non ocorra, a área non cumpre coa lei. Eu non podo entrar nun área no que un veciño de Vigo pague 0,86 euros e un de Mos 1,32. Non pode haber cidadáns de primeira e cidadáns de segunda”.
Pola súa parte, o alcalde de Redondela, Javier Bas, insistiu en que Abel Caballero “non está cumprindo a súa palabra”. “Eu non confío na palabra de Caballero porque non valora a súa firma. Se alguén quere liderar esta área metropolitana ten que deixar de pensar nos localismos. Recordemos algo importante: o que se trata de cumprir aquí é o mesmo sistema que hai noutras cidades de Galicia, como Santiago ou A Coruña: que unha persoa que teña a tarxeta da área metropolitana poida desprazarse nas mesmas condicións dentro da área. Non pode haber algo distinto ou novo para Vigo”.
Trala suspensión do pleno constitutivo por parte do presidente do mesmo debido ao incumprimento do convenio por parte de Abel Caballero, os concelleiros do Partido Popular analizan agora dende o punto de vista xurídico a continuación da sesión protagonizada polo resto de asistentes

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208