Mos
A reparación dos desperfectos no Camiño de Bosende finalizarán a mediados de mes
A semana pasada comezaron os traballos na Estrada da Vía, -o outro punto afectado na parroquia de Tameiga-, que xa se atopan moi avanzados
![[Img #29174]](upload/img/periodico/img_29174.png)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras mosense, Luis Alonso, informaron da recentemente iniciada obra de reparación dos danos producidos polos temporais de xaneiro e febreiro no Camiño de Bosende; mentres que os traballos na Estrada da Vía comezaron a semana pasada e xa se atopan moi avanzados. Ambos viais atópanse ubicados na parroquia mosense de Tameiga.
Os representantes municipais anunciaron que os traballos estarán rematados a mediados do presente mes de decembro. É a Dirección Xeral de Administración Local (dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza) a que financia estes traballos cuns 180.000 euros, que se suman ós preto de 60.000 euros (59.664,93 euros concretamente) que investiu a consellería de Medio Rural para realizar o mes pasado actuacións –xa finalizadas- no camiño Carballo do Monte e camiño Cabo da Vella, para subsanar os danos do temporal na parroquia mosense de Guizán. Con estes 240.000 euros que entre as consellerías de Presidencia e Medio Rural destinaron a Mos, quedan resoltos os danos máis graves e urxentes do temporal do pasado inverno.
Os proxectos de reconstrucción do Camiño de Bosende e da Estrada da Vía, constan de memoria valorada, anteproxecto de obras, e memoria detallada e valorada do equipamento; incluíndo en cada documento memoria explicativa, orzamento detallado e planos a escala.
Respecto destes traballos, a rexedora local mosense declaraba esta mañá que “unha vez máis queda demostrado que quen resolve é a Xunta de Galicia, pois é a única administración que se fixo cargo dos desperfectos causados polos temporais en Mos”, dixo. E explicou que “a única realidade é que a solución dos problemas en Mos chega soamente da man dos gobernos local e autonómico, e grazas á súa xestión”. E a alcaldesa tamén insistiu en que “mentres que Concello e Xunta nos desvivimos por solucionar os danos dos temporais en Mos, a Deputación de Pontevedra prestou colaboración e apoio cero para solucionar o problema”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149