Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 05 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Charla informativa sobre a factura da luz en Mos

Será no Multiusos das Pozas o mércores 7 de decembro ás 12.30 horas

O mércores 7 de decembro ás 12.30 horas o Multiusos das Pozas acollerá unha charla informativa titulada ‘Dálle luz á túa factura’ sobre como aforrar ata un 75% do prezo da factura da luz nos fogares galegos.

 

Tamén se impartirán directrices sobre como entender mellor a factura da electricidade e resolveranse tódalas dudas plantexadas ao respecto.

 

Trátase dunha iniciativa totalmente aberta a cantas persoas queiran asistir, dirixida a público en xeral. A Xunta activa a segunda fase da campaña ‘Dálle luz á túa factura’, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización que pretende chegar á cidadanía o contido do recibo eléctrico e consellos para aforrar no consumo de electricidade.

 

Os obxectivos principais que persigue este proxecto son: facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán, linguaxe non exenta, sen embargo, de rigorosidade; dar a coñecer os dereitos que nos asisten como consumidores eléctricos (para isto elaboráronse distintas ferramentas de comunicación entre as que destaca unha aplicación informática que permite coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade como o Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor PVPC, termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc), diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico, calcular de xeito personalizado o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda, calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada en función do equipamento da vivenda e do uso do mesmo, extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental, obter consellos de aforro e eficiencia enerxética en iluminación, electrodomésticos, etc. e coñecer os dereitos dos consumidores e ónde se poden formular as reclamacións e trámites relacionados coa factura da luz.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.