Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 03 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

Baixa o paro no Porriño

[Img #29179]

 

O paro volveu a baixar en novembro en O Porriño que lidera o descendo do desemprego en toda a Área Metropolitana.  O mes pasado atoparon traballo no concello 47 persoas máis, unha caída que se suma ás de setembro, agosto, xullo, xuño, maio ou abril e que supón que o número de porriñesas e porriñeses desempregados situouse, o pasado día 30, en 1.836.

 

Dacordo cos datos oficiais sobre a evolución do paro, difundidos polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, dende que actual Goberno local tomara posesión, o paro en O Porriño reduciuse en 303 persoas, pasando de 2.139 desempregados en xuño de 2015 a 1.836 a finais de novembro deste ano.

 

Esta baixada, é especialmente importante considerando que entre os 14 concellos da Área, O Porriño encabeza a creación de emprego e tendo en conta que na provincia de Pontevedra o número de desempregados aumentou en 1.127 persoas, en Galicia en 4.614 e, segundo os datos do Ministerio de Emprego, no conxunto do Estado, 24.841 traballadores se quedaron na rúa.

 

No que vai deste ano, o número de desempregados descendeu no concello do Porriño en 269 veciños: dos 2.105 que estaban na procura de traballo a principio de xaneiro, aos 1.836 que están na ofician de emprego na actualidade, o que sitúa a taxa de paro no 20,6%, preto dun 4% menos que cando comezou o actual mandato municipal.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.