Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 02 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Gañamos insiste na necesidade da adquisición polo Concello das parcelas do Castro de Torroso

Explican que a área excavada do xacemento está sufrindo un deterioro importante

[Img #29184]

 

Dende o ano 2013 a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento anunciaron a posta en marcha dun “Plan de posta en valor dos castros da provincia”. Dende entón, as noticias de tódolos medios de comunicación falaban de 16 castros unhas veces, 18 outras e xa en 2015 aseguraban que eran 23 os xacementos os acollidos a este plan. Coma queira que for, dende as primeiras noticias, o castro de Torroso sempre aparecía incluído neste convenio a desenvolver entre as dúas administracións.

 

Esta noticia foi acollida con ledicia polos veciños de Mos e a sociedade en xeral, xa que que por fin se ía acometer a posta en valor do xacemento arqueolóxico máis importante do Concello e un dos máis representativos para entender os inicios da Idade do Ferro en Galicia.

 

“Pero finalmente, este xacemento quedou fora de dito plan debido a que a titularidade dos terreos do castro segue estando en mans de particulares, sendo isto un condicionante negativo á hora de realizar calquera actuación. O Concello de Mos perdeu deste xeito a oportunidade de conservar e revalorizar o noso castro de referencia, truncando así os soños de moitos mosenses e galegos en xeral, amantes da arqueoloxía e da nosa identidade e singular historia” sinalan esta a formación.

 

A formación de Francisco Vázquez Troitiño asegura que “dende o ano 1990 hai un acordo plenario polo cal o Concello se comprometeu naquel momento á tramitar a adquisición dos terreos do castro. Cómpre que a actual corporación aposte decididamente  pola compra, permuta ou expropiación de tódalas parcelas nas que se asenta o xacemento e abandonemos dunha vez por todas a idea da cesión por ser esta última improbable, difícil, insegura para o futuro e sobre todo tamén inxusta para os actuais titulares”.

 

Por outra banda, explican que “a área excavada do xacemento está sufrindo o deterioro causado pola vexetación e as raíces das árbores máis grandes están a causar o derrube das estructuras que no seu momento non foron convenientemente tapadas, trala denuncia que sufriu o arqueólogo que dirixiu as campañas de excavación xa hai 20 anos. Si, 20 anos dende a última intervención, 20 anos de promesas, 20 anos de desfeita dalgúns elementos que xa son irrecuperables”.

 

Din que “ao mesmo tempo, o estado actual do castro supón un perigo para os visitantes, que siguen acudindo frecuentemente ao castro porque a súa sona e importancia fai que constantemente sexa reseñado en numerosos estudos e publicacións de arqueoloxía”. Recentemente comprobamos que estas visitas continúan sendo frecuentes polos propios vecinos e foráneos. Tamén puidemos comprobar que as cuadrículas de excavación , que teñen ás veces 2 metros de fondo, están totalmente ocultas entre os toxos e carecen dun balizamento que evite a posible caída dos visitantes.

 

Por último tamén é necesario informar debidamente aos propietarios das parcelas das obrigas que teñen á hora de realizar traballos de tala, desbroce ou paso de maquinaria pesada ás súas propiedades. E esta corporación ten a obriga cumprir e facer cumprir a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia a este respecto.

 

Dende Gañamos explican que “non podemos deixar pasar outra oportunidade coma esta, na que a Deputación e Fomento van invertir máis de 6,5 millóns de euros. O Concello de Mos non pode permitirse quedar fora deste ou de futuros pláns. Incluso poñendo todo da nosa parte e sobre todo a alcaldesa-presidenta, co seu peso no partido que goberna actualmente a Xunta de Galicia e o Estado Español, pode e debe ter a vontade de axilizar a adquisición dos terreos e tratar de que o castro de Torroso volva a ser incluído no Plan da Deputación e Fomento, xa que este está sendo revisado e está pendente de asinarse un novo protocolo na mes xaneiro de 2017”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.