Salvaterra de Miño
Alumnos de hostalería ofrecen un showcooking na III festa do viño espumoso
O showcooking é unha das grandes novidades desta terceira edición que inclúe, ademais da degustación destes caldos, música en directo, cursos e catas
![[Img #29190]](upload/img/periodico/img_29190.jpg)
O Centro Superior de Hostalería de Galicia participa hoxe por vez primeira na III Festa do Viño Espumoso que Salvaterra de Miño celebra durante esta fin de semana. O evento é unha homenaxe aos viños espumosos e conta coa participación de todas as variedades destes caldos da Denominación de Orixe Rías Baixas. En total 16 viños con burbullas pertencentes a unha decena de adegas están presentes nesta cita.
No marco desta festa, o Centro Superior de Hostalería de Galicia ofrece hoxe un showcooking no Castelo da Raíña Dona Urraca. Os produtos autóctonos como a lamprea serán os protagonistas desta oferta culinaria que poderán degustar os participantes no evento e todos os pratos serán maridados, por suposto, cos espumosos das Rías Baixas.
Así, os alumnos de primeiro ano do Diploma en Gastronomía e Xestión en Cociña, dirixidos polo cociñeiro José Manuel Mallón, antigo alumno do Centro Superior de Hostalería de Galicia, serán os encargados de levar a cabo esta presentación gastronómica, unha práctica máis que os estudantes sumarán á súa experiencia co obxectivo de ser bos profesionais da hostalería.
O showcooking é unha das grandes novidades desta terceira edición que inclúe, ademais da degustación destes caldos, música en directo, cursos e catas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217