Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 05 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Pontevedra será en 2017 a provincia con maior investimento no eido da vivenda

A Xunta destinará preto de 9 millóns de euros para avanzar no desenvolvemento da Plataforma Loxística Salvaterra- As Neves (PLISAN), co obxectivo de que as empresas poidan comezar a instalarse no próximo ano

[Img #29191]

 

A provincia de Pontevedra recibirá o maior investimento no eido da vivenda e o solo cunha achega de case 28 millóns de euros en 2017. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá no vindeiro ano preto de 98 millóns de euros nesta provincia, a segunda con maior achega de Galicia, tal como reflicten as cifras dos Orzamentos da Xunta para a vindeira anualidade.

 

No que se refire ao solo industrial, o Goberno galego continúa a traballar para facilitar o acceso ao mesmo, coa fin de que as empresas e emprendedores poidan desenvolver os seus proxectos, que suporán a xeración de emprego e riqueza na comunidade. Neste sentido, os citados presupostos contemplan preto de 9 millóns de euros para avanzar no desenvolvemento da Plataforma Loxística Salvaterra- As Neves (PLISAN), co obxectivo de que as empresas poidan comezar a instalarse no próximo ano.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda tamén reserva nos Orzamentos para 2017 unha partida de máis de 5,5 millóns de euros para seguir potenciando o solo empresarial na provincia pontevedresa.

 

No eido da vivenda, a rehabilitación será estratéxica para a Xunta no próximo ano, ao considerar que é un dos sectores que máis postos de traballo xera por euro investido. Na provincia de Pontevedra, un orzamento duns 4 millóns de euros posibilitará achegar axudas para a reparación de vivendas no rural, en conxuntos históricos ou nos núcleos localizados nos Camiños de Santiago.

 

O Instituto Galego da Vivenda e Solo tamén disporá dun orzamento de 5,5 millóns de euros para a adquisición de solo residencial para a construción de vivendas en San Paio de Navia, en Vigo.

 

No que se refire ás vivendas de promoción pública, o Goberno galego tamén contará con 1,2 millóns de euros para avanzar na tramitación necesaria para a construción de inmobles nas rúas Chantada e Ignacio Groba, en Vigo.

 

Estradas

A seguridade viaria continuará a ser prioritaria para o Goberno galego, así que as actuacións de mellora e mantemento da rede de estradas autonómicas desempeñarán un papel fundamental na liña de acción da Axencia Galega de Infraestruturas.

 

Os presupostos proxectan unha partida de máis de 5 millóns de euros para medidas de conservación ordinaria e vialidade invernal, máis dun millón de euros para obras de mellora de seguridade viaria e uns 3,4 millóns para continuar coa execución do Plan de Reforzos de Firme nas vías autonómicas ao seu paso pola provincia pontevedresa.

 

O Goberno galego seguirá a traballar na mellora da seguridade naquelas estradas que presenten carencias, como por exemplo a vía que une Augasantas e Ponte Caldelas (PO-234), que disporá dun orzamento de máis de 650.000 euros o vindeiro exercicio.

 

O fomento da mobilidade segura e sustentable é outro piar básico para a Consellería de Infraestruturas e mostra disto é o Plan de Sendas de Galicia que se está a desenvolver en determinadas comarcas. Así, os orzamentos recollen un investimento de preto de 3,7 millóns de euros cos que a Xunta avanzará na construción destes itinerarios saudables e integrados na paisaxe nas comarcas de Pontevedra, Vigo ou o Morrazo.

 

Por outra parte, o Executivo autonómico tamén impulsará a continuación da construción de novas infraestruturas viarias que redundarán na mellora da calidade de vida dos cidadáns así como no desenvolvemento económico dos municipios. Para este obxectivo, os presupostos detallan un investimento de 22 millóns de euros para seguir coa execución da autovía do Morrazo, xa que en 2017 estarán en obras simultaneamente os tres treitos.

 

Outras infraestruturas viarias que tomarán impulso no próximo ano son a autoestrada A Ramallosa-A Estrada (AG-59) ou a VAC Tui- A Guarda, para a que se licitou o proxecto construtivo do primeiro subtreito.

.

Mobilidade

No que se refire a Mobilidade, a Xunta disporá de 2,5 millóns de euros que se dirixirán ao mantemento do Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo e ao impulso da área de Pontevedra.

 

As estacións intermodais da provincia, en Pontevedra e Vigo, tamén son obxecto dun investimento de máis de 450.000 euros que permitirá continuar co desenvolvemento das citadas infraestruturas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.