Viernes, 03 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 03 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

A Deputación de Pontevedra súmase ao día internacional das persoas con discapacidade

O edificio do Pazo Provincial tinguiuse de cor verde desde onte a noite
para conmemorar a data

[Img #29193]

 

A Deputación de Pontevedra súmase aos actos celebrados ao abeiro do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra este sábado, 3 de decembro, e que se estenderán durante todo o mes de decembro, lembrando o seu compromiso coas políticas de inclusión e a redución das desigualdades sociais. O Goberno da institución provincial actúa en consecuencia coa súa liña de compromiso social e de benestar da cidadanía, co seu obxectivo de construír unha sociedade máis libre e máis xusta.

 

De feito, a Deputación de Pontevedra xa está a organizar un acto que terá lugar o vindeiro 16 de decembronas dependencias da institución provincial. Trátase do “I Encontro Provincial pola Inclusión das Persoas con Diversidade Funcional”, que contará coa presenza e a colaboración de diversas entidades de iniciativa social e con actuacións de música e outras modalidades artísticas. Durante o desenvolvemento deste encontro, que leva por lema “Propostas transformadoras para unha provincia diversa, inclusiva e sostible”, poranse en común distintas iniciativas e propostas que estean desenvolvendo distintas entidades sociais nos seus ámbitos de actuación, para axudar á visibilidade do seu traballo.

 

Durante as roldas de intervencións, as entidades falarán sobre a súa situación actual no ámbito da diversidade funcional, dando conta das súas limitacións e das súas oportunidades, falarán de como contribúen á construción dunha sociedade máis sostible, analizarán cales son as ferramentas axeitadas de colaborar coas administracións públicas, debaterán sobre a inclusión nos eidos laboral e da educación social e sobre a atención sociosanitaria ás persoas con diversidade funcional e, ademais, as entidades poderán pór en común os seus proxectos.

 

Ademais, a Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, asistirá hoxe sábado 3 de decembro a un flashmobpola diversidade celebrado pola Asociación Andaina de Redondela, na Praza da Constitución da vila ás 17:30 horas (no caso de que chova o evento sería trasladado ao local da asociación, situado no número 11 da Rúa Telmo Bernández).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.