Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 04 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Carmela Silva reivindica a visiblización e o protagonismo das Mulleres Rurais de Galicia

A Presidenta da Deputación de Pontevedra participou nas xornadas organizadas por Fademur. “Non haberá esperanza para o mundo rural sen as mulleres”

[Img #29194]

 

A Presidenta provincial, Carmela Silva, acompañada  pola deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, asistiu onte sábado as Xornadas de Visibilización e Empoderamento das Mulleres Rurais organizadas pola Asociación Fademur, nas que reivindicou o papel que historicamente xogaron as mulleres do mundo rural na economía de Galicia. “Foron as súas auténticas protagonistas aínda que nunca tiveron nin o recoñecemento, nin os dereitos, nin a posta en valor dun traballo que foi vital. Hai que rebelarse, dixo Silva, ante unha inxustiza histórica. É o mellor acto que fixen este ano porque sodes a historia oculta de Galicia”

 

A presidenta da Deputación aludiu á súa propia traxectoria vital, a das mulleres da súa familia que traballaron no campo, para sinalar que “ foron elas as que, de forma silenciosa, ensináronme a tomar conciencia de que eran unhas auténticas heroínas”, dixo Silva, que lembrou que “o que moitas somos agora debémosllo ás mulleres que nos precederon e á súa insistencia en que sempre fósemos donas do noso futuro” 

 

Na súa intervención, a presidenta provincial argumentou, ademais que “non haberá futuro para o mundo rural sen as mulleres, somos a garantía para un sector que camiña cara á desaparición e para evitalo deben contar connosco. As administracións teñen que aprobar leis con contido e recursos para poder conciliar, para que nas nosas vilas e aldeas existan todos os servizos que hai nas cidades e así poder seguir vivindo e traballando alí”. Silva lembrou que a Xunta sinalou ao mundo rural como a súa gran prioridade para este ano. “Por iso debemos definir ben as esixencias das mulleres para que sexan tidas en conta, para que nesa aposta sexan elas e os seus proxectos emprendedores os protagonistas, dixo, porque o mundo rural depende das mulleres”

 

Carmela Silva anunciou que a Deputación levará este tipo de xornadas a diferentes localidades da provincia “para que a súa visibilización e a súa reivindicación cheguen a todas partes. Sodes mulleres reais que achegades moito á actividade económica e ao emprego,  e aínda que as competencias son da Xunta e do Estado, a Deputación estará ao voso lado para que se escoite a voz dun mundo rural con dereitos. Sodes o máis grande que temos en Galicia”, concluíu

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.