Mos
Arde, na súa totalidade, un vehículo na A-55
![[Img #29200]](upload/img/periodico/img_29200.png)
Os servizos de emerxencia desprazáronse ata o quilómetro 10-15, da Autovía, no concello de Mos, para apagar un lume que se propagou nun vehículo.Ninguén resultou ferido.
O seu condutor e único ocupante do vehículo puido saír do turismo cando comezou a arder e alertar así, aos servizos de emerxencia.
![[Img #29203]](upload/img/periodico/img_29203.jpg)
De igual modo, varios particulares, sobre as 12:00 horas deste mediodía, poñíanse en comunicación co persoal do 112 Galicia para informar da situación. Ao mesmo tempo, indicaban que estaban tratando de apagar as lapas coa axuda de varios extintores.
A partir de aí, dende o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Baixo Miño. Tamén se requiriu a colaboración dos axentes de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Mos que, coa axuda dos membros do parque comarcal, apagaron o lume.
Os Bombeiros de Vigo tamén foron informados, aínda que, finalmente, non foi precisa a súa intervención.
Polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o incendio e que calcinou o turismo na súa totalidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149