Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 05 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Máis de 700 persoas acompañaron á Patrulla ao Rescate durante encendido do alumeado de Nadal en Mos

O acto superou as expectativas de convocatoria

[Img #29205]

 

A Praza do Concello de Mos acolleu onte pola tarde o acto de encendido do alumeado de Nadal que congregou a máis de 700 persoas, superando as expectativas de convocatoria. A administración local estivo representada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, a de Participación Cidadá, Kely Monzón, e os tamén edís mosenses, Julia Loureiro, Luis Alonso, Camilo Augusto e Cándido Pérez.

 

Con este encendido do alumeado navideño Mos iniciaba onte a súa programación para o Nadal 2016-2017.

 

Por segundo ano consecutivo dende o Concello quíxose dar comezo a esta época de ilusión con este evento simbólico de encendido que tanto lles gustou ós veciños e veciñas mosenses o Nadal pasado, e que superou a afluencia da pasada convocatoria, acadando nesta ocasión máis de 700 participantes asistentes. A actividade comezou ás 18.00 horas cunha festa infantil con DJ e a visita de A Patrulla ao Rescate, con cuxos personaxes puidéronse facer fotos os cativos presentes. Foi ás 19.00 horas cando se produciu o encendido da iluminación de Nadal, rematando a velada cun chocolate con rosca gratis para todas as familias asistentes.

 

A Patrulla ao Rescate serán os protagonistas da programación navideña deste ano, xa que tamén acompañarán ás Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente na Cabalgata do día 5 de xaneiro ás 18.00 horas pola Avenida de Sanguiñeda.

 

A programación deste ano caracterízase por constar de actividades que fomentan o ocio familiar. Así, dentro do programa Ocio en Familia, a Compañía Os Quinquilláns representará o espectáculo ‘Por que é salgada a auga do mar?’ e o Mago Rafa actuará no Pazo de Mos. Migallas representará o espectáculo ‘Canta Connosco’ que ademais contará coa presencia dun Carteiro Real.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.