Provincia
120 mozas e mozos da provincia comezan a súa formación no programa “Depoemprende”
A iniciativa de emprendemento xuvenil beneficia a persoas desempregadas e menores de 30 anos
![[Img #29216]](upload/img/periodico/img_29216.jpg)
Un total de 120 mozas e mozos están a participar este mes na fase de formación do programa “DepoEmprende”, que a institución provincial desenvolve en colaboración coas cámaras de comercio da provincia e a Fundación INCYDE e que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
As clases impártense en Pontevedra (dúas edicións), Tui, Vilagarcía e Vigo (dúas edicións) nas instalacións das cámaras de comercio desas localidades, e a primeira parte, que conclúe o 15 de decembro, consiste en formación grupal, cun total de 43 horas. Esta complétase cunha segunda parte na que cada participante recibe 7 horas de formación individual, e que remata o 30 de decembro.
Nesas sesións aprenderanse nocións básicas de emprendemento, abordarase a planificación e posta en marcha do proxecto emprendedor e analizaranse as obrigas fiscais, laborais e mercantís. Así mesmo, estudaranse a xestión económica e financeira, as posibilidades do marketing e o emprego de diferentes técnicas de venda.Unha vez rematada a formación, o alumnado interesado poderá solicitar tomar parte na fase de mentorización, para o que se seleccionarán os proxectos empresariais que amosen unha maior viabilidade.
O programa“DepoEmprende” está dotado con 260.000 € e ten como finalidade o impulso do emprendemento e a cultura emprendedora xuvenís na provincia. Esta actuación, enmarcada no programa de itinerarios de emprendemento xuvenil da Fundación INCYDE e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, está destinada a 120 mozas e mozos da provincia de Pontevedra, menores de 30 anos, rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, sen ocupación e sen estar integrados nos sistemas de educación ou formación.“DepoEmprende” pretende fomentar o espírito emprendedor, eliminando as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas en proxectos concretos, así como a entradano mercado laboral de cada participante a través de itinerarios de emprendemento xuvenil adaptados ás súas necesidades.
Os mozos e mozas que participan na iniciativaestán apoiados en todo o momento pola Deputación de Pontevedra, que os axudará a deseñar plans personalizados, nos que se terán en conta variables coma a motivación para traballar, condicionantes persoais, profesionalidade e habilidades sociais.A institución provincial tamén se encargará de asesorar a cada participante nas etapas iniciais dos proxectos, de dirixilos e de supervisalos.
Un dos obxectivos prioritarios do Goberno da Deputación de Pontevedra é a loita contra o desemprego para converter a provincia nun territorio próspero. Con “DepoEmprende”, a Deputación de Pontevedra quere promover que os proxectos medren de xeito competitivo, consolidando solucións óptimas en xestión de recursos, incrementando o valor da innovación para fortalecer o tecido empresarial, mellorando a prestación de servizos, desenvolvendo novos produtos e modelos de negocio e creando emprego.
O impulso do emprego xuvenil é un dos obxectivos prioritarios para a Deputación de Pontevedra, que está a impulsar proxectos específicos para a mocidade como o Plan de Práctica Laboralpara Deputación e Concellos da provincia, xa en marcha, ou o Plan para empresas e organizacións non gobernamentais, ademais do programa “PracticumDepo”, que facilita a estadía formativa no estranxeiro de mozos e mozas con estudos de formación profesional, así como o convenio asinado coa Universidade de Vigo para complementar a estudantes beneficiarios de becas Erasmus.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115