MUNDO EMPRESA
Novas axudas para a dixitalización das pemes galegas
O Igape e a Amtega impulsan conxuntamente a iniciativa, destinada a facilitarlles ás empresas beneficiarias a adquisición de competencias e a incorporación de tecnoloxías que lles permitan incrementar a súa competitividade
Xa está aberta a segunda convocatoria do Programa Reacciona TIC, impulsado polo Igape e a Amtega, para facilitar ás pemes o acceso a un catálogo de máis de 400 servizos orientados á súa modernización e innovación. As empresas interesadas poderán acceder, a prezos reducidos, ao asesoramento de axentes colaboradores especializados en procesos de dixitalización e solucións 4.0. As solicitudes poden presentarase de forma telemática na web do Igape. A primeira convocatoria recibiu un cento de solicitudes de empresas interesadas en acceder a estes servizos, e están previstas outras dúas convocatorias en xaneiro e marzo de 2017.
Empresa dixital
No ámbito da empresa dixital, Reacciona TIC facilita a prestación de servizos avanzados orientados a promover a dixitalización empresarial, comezando pola diagnose do grao de modernización tecnolóxica e a identificación das oportunidades de mellora que permitan incrementar a competitividade da empresa.
As pemes beneficiarias poderán acceder igualmente a servizos de soporte para a implantación de solucións de mobilidade que melloren a conectividade con traballadores, clientes ou provedores; para a incorporación de solucións TIC orientadas mellora da xestión empresarial; e para a implantación de solucións de marketing dixital que permitan optimizar a presenza da empresa en Internet.
Industria 4.0
Para o impulso da industria 4.0, e no marco do desenvolvemento da Axenda da Competitividade, o catálogo contempla servizos orientados a establecer novas fórmulas de produción e a impulsar a fabricación de produtos diferenciados e de calidade a través de novos modelos e procesos de deseño, creación e distribución.
Deste xeito, as pemes poderán acceder á asesoramento especializado para avaliar a súa capacidade e as oportunidades ao seu alcance para aplicar solucións de Industria 4.0, que lles permitan unha maior flexibilización, automatización, interconexión e sustentabilidade dos contornos produtivos. Neste ámbito tamén se ofrecerá apoio para incorporar solucións de índole organizativa e/ou tecnolóxica, para a xeración de modelos e realización de procesos de simulación industrial.
Convenio Amtega-Igape
A posta en marcha deste programa enmárcase nun convenio de colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), co que a Xunta suma esforzos e recursos para impulsar a modernización e a innovación tecnolóxica do tecido empresarial de Galicia a través da convocatoria de axudas publicada hoxe, para desenvolver actuacións de impulso á empresa dixital e a industria 4.0.
Este acordo reforza a aposta da Xunta de Galicia pola incorporación efectiva e continua das solucións 4.0 e das TIC en xeral nos sectores produtivos da Comunidade, a través do programa Reacciona TIC, que conta cun orzamento conxunto de máis de 2,3 millóns de euros ata o ano 2017, dos cales 1,26 millóns serán achegados pola Amtega e 1,11 millóns polo Igape. As achegas das dúas entidades colaboradoras fan posible a oferta dun catálogo unificado de servizos ás pemes para a diagnose, asistencia e soporte na implantación de solucións e servizos de mellora competitiva nos ámbitos de empresa dixital e industria 4.0.
Este catálogo de servizos está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, orientado a promover o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación e conseguir un tecido empresarial máis competitivo.
Axenda Dixital e Industria 4.0
Esta actuación enmárcase no establecido na Axenda Dixital de Galicia 2020, liderada pola Amtega, que fixa como obxectivo a Aceleración da Economía Dixital como un factor de relevancia para impulsar o crecemento económico na Comunidade. A aposta converxe co encomendado na Axenda da Competitividade Galicia - Industria 4.0, liderada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, que aspira a modernizar a industria galega a través da innovación, establecendo novas fórmulas de produción que melloren a súa competitividade, e impulsando a fabricación de produtos diferenciados e de calidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217