Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 08 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Ampliado o prazo de inscrición para o curso “Brincadeiras de sempre” ata o 15 de decembro

Amplíase ata o vindeiro xoves día 15 de decembro o prazo de inscrición para o curso “Brincadeiras de sempre”, que se impartirá a finais de decembro na Guarda a través da acción da Deputación Tecendo lazos.

 

O programa Tecendo lazos da Deputación de Pontevedra ten por finalidade desenvolver obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e do tempo libre cos que se pretende crear espazos para o encontro entre diferentes xeracións poboacionais.

 

En concreto o curso “Brincadeiras de sempre”, que se impartirá na Guarda, busca que a través da construción de xoguetes tradicionais cos que se xogaba noutrora, pequenos e maiores interactúen e creen eses espazos comúns. Ademais, á súa vez, os pequenos terán a oportunidade de amosar aos seus familiares os xoguetes e xogos actuais.

 

O curso comezará o 21 de decembro e se desenvolverá ata o día 28 polas tardes de 17 a 19'30 horas no Sinde Vello. Terá unha duración total de 16 horas e nel poden participar todas as persoas que o desexen, de todas as idades. Terán preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións: avós/avoas e netos e netas; pais/nais e fillos/as, etc. Os nenos e nenas de entre 13 e 17 anos que queiran acudir sós deben achegar o consentimento da nai/pai ou titor/a. No caso dos menores de 13 anos, só poderán asistir se van acompañados dun titor.

 

As inscricións se realizarán a través dunha solicitude que poden recoller na OMIX e que deberán achegar xunto cunha fotocopia do DNI e o xustificante de empadroamento.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.