Provincia
Dúas persoas necesitan axuda para saír dun camión envorcado en Vigo
Un camión para o transporte de paquetería envorcou cando circulaba pola PO-331, ao paso por Vigo. As dúas persoas que ían no interior, camioneiro e copiloto, están liberados pero necesitan axuda para saír do vehículo.
Así, o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos Bombeiros de Vigo e dos servizos sanitarios de urxencia. Ademais, como consecuencia do accidente, viuse interrompida a circulación polo carril en dirección Baiona e o camión perdeu parte da súa carga.
Pouco antes das doce do mediodía, outro condutor chamou ao 112 Galicia para informar do sucedido. Decontado, púxose en marcha o operativo, que completaron os axentes de seguridade e os equipos de limpeza da Axencia Galega de Infraestruturas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115