Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 13 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Mos fomenta a creatividade navideña dos máis pequenos co tradicional concurso de postais

Os cativos mosenses teñen ata o día 23 para presentar as súas creacións na Biblioteca Municipal

[Img #29266]

 

Coa chegada do Nadal chega a Mos tamén, como cada ano, o concurso infantil de postais de Nadal para cativos de 3 a 12 anos de idade. Entrarán en concurso todas as postais entregadas ata o día 23 de decembro na Biblioteca Municipal. Haberá tres categorías e cada unha delas terá un premio que constará dun lote de libros e material escolar máis un diploma: categoría 1, nenos de 3 a 5 anos; categoría 2, nenos de 6 a 8 anos, e a categoría 3, nenos de 9 a 12 anos.

 

O día 26 de decembro un xurado composto por diferentes técnicos municipais dos departamentos de Cultura, Educación e Política Social valorará a calidade e orixinalidade das postais presentadas, así como os seus valores positivos; descartando aquelas nas que se perciba a intervención directa dun adulto. Os premios entregaranse o venres 30 de decembro de 2016 nun acto de animación á lectura, que se celebrará na Biblioteca ás 18.00 horas.

 

A edil de Cultura do Concello de Mos, Sara Cebreiro, declaraba esta mañá sobre o concurso que “dende a Biblioteca Municipal queremos aproveitar esta época tan marabillosa do ano para potenciar a creatividade dos nosos escolares e sobre todo fomentar a lectura e a escritura nos nosos cativos poñendo en marcha o tradicional Concurso de Postais de Nadal Concello de Mos”, explicou a concelleira Cebreiro.

 

As características que deben cumprir as postais dos nenos participantes para poder entrar en concurso son as seguintes: pode ser en galego ou en castelán, pódeselle engadir ademais de debuxo todo tipo de ilustracións, fotos, etc.; pódense empregar os materiais que se desexasen: ceras, lapis, bolígrafos, rotuladores, telas, recortes, etc.; o tamaño non debe exceder dun folio tamaño A4 por un só lado, e a medida mínima é de medio folio A4 por un só lado; en relación ao tema, os pequenos poden engadir tamén unha frase na postal, que pode ser un desexo que non sexa de carácter material ou expresando que lles gustaría que cambiase no seu contorno cotián, dos amigos/as, familiares, na escola, dos pais, etc.; e, por último, a postal debe ser obra do/a propio/a neno/a, e debe incluír ao final, como mínimo, o seu nome, idade, enderezo e teléfono de contacto (só se acepta unha postal por persoa).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.