Domingo, 16 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 12 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
As Neves

O Comité de Tragsa lamenta a morte do compañeiro en As Neves

Denuncian os incumprimentos da empresa en materia de prevención

O comité Autonómico de Tragsa Galicia, reunido hoxe, día 12 de decembro de 2016, a raíz dos tristes feitos ocorridos o venres 9 en As Neves (Pontevedra), onde un compañeiro e traballador deste empresa perdeu a vida, quere pór de manifesto:

 

"En primeiro lugar que acompañamos no sentimento á familia e queremos facer saber que estamos ao seu enteiro dispor para todo o que precisen.

 

En segundo lugar, total apoio aos compañeiros e traballadores que se atopaban nese lugar o día deste tráxico infortunio.

 

Porén, en terceiro lugar queremos denunciar publicamente os incumprimentos desta empresa en materia de Seguridade e Saúde, onde desde hai un ano non existe o Comité de Seguridade e Saúde debido ao desinterese do Xefe da Unidade Territorial de Tragsa Galicia en formalo incumprindo a resolución da Inspección de Traballo tras da previa denuncia deste comité.

 

Tampouco recoñece aos delegados de prevención nomeados debidamente por este comité. Delegados elixidos democraticamente polos traballadores, Ademais, a raíz deste accidente estes non foron convocados pola Dirección á reunión de investigación dos feitos.

 

Desde hai máis de seis meses este comité vén denunciando o exceso de horas que están facendo os traballadores, que en moitos casos exceden as 80 horas anuais e que a empresa incumprindo o convenio non informa a este comité.

 

Exceso de horas que se deben ao brutal ERE onde despediron a 76 compañeiros en Galiza (555 en todo o Estado español) entre os cales se atopaban máis da metade dos Técnicos de Prevención de Galiza, incluído o da provincia de Pontevedra.

 

Malia isto a profesionalidade dos nosos compañeiros está evitando que haxa máis accidentes, pero é labor deste Comité Autonómico seguir denunciando a pouca importancia que a Dirección de Galiza da ao tema da Prevención”"

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.