Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 13 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Mos compensará os gastos farmacéuticos de usuarias dos Servizos Sociais con menores ao seu cargo

Os beficiarios terán garantidas as súas necesidades sanitario-farmacéuticas. As bases reguladoras están a ser redactadas polas técnicos municipais e levaranse a aprobación no próximo Pleno

[Img #29277]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, informaron hoxe da resolución favorable por parte da Dirección Xeral de Inclusión Social da consellería de Política Social da subvención á administración local mosense para a posta en marcha de programas de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos.

 

Desde o departamento municipal de Servizos Sociais, as técnicas atópanse xa redactando as bases reguradoras destas axudas farmacéuticas para familias usuarias do departamento; bases que serán levadas a aprobación á sesión plenaria ordinaria do presente mes de decembro.

 

A Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social emitiu un certificado no que se constata o cumprimento por parte do Concello de Mos dos requisitos establecidos para acceder a esta subvención autonómica. E a Dirección Xeral de Inclusión Social por delegación da consellería de Política Social resolveu a concesión á administración local mosense dun importe de preto de 8.000 euros anuais para este fin.

 

Pola súa banda, o Concello de Mos asumirá unha porcentaxe mínima de cofinanciamento do orzamento total do programa dun 20%.

 

Cada persoa integrante da unidade familiar beneficiaria poderá ser destinatario dun máximo de 120 euros.

 

Sobre esta iniciativa as responsables municipais destacaron a importancia de poñela en marcha xa que “se trata dunha medida para garantir que as necesidades sanitario-farmacéuticas das familias con menores ao seu cargo usuarias dos Servizos Sociais mosenses non queden descubertas en ningún momento”. Incidiron así mesmo nas “nesidades especiais que soen surxir en calquera familia cando teñen cativos menores na unidade familiar, sobre todo en períodos como a lactancia, etc., máxime cando se tratan de familias cunha situación económica e/ou social delicada”; explicaron Arévalo e Cebreiro. Por último, agradeceron “a axuda e o apoio económico da Xunta de Galicia, sen os cales non podería ser posible a posta en marcha desta iniciativa tan relevante e necesaria”.

 

O de Mos é un Concello "moi volcado coas familias con necesidades especiais e conta con varios proxectos orientados a apoiar a este colectivo" explican dende o Concello. Tal é o caso da entidade Mos Axuda, ou as iniciativas que como cada ano por estas datas de Nadal se poñen en marcha en colaboración cos empresarios de Mos e a organización ‘Elfos y Calcetines’ para que ningunha familia usuaria de Servizos Sociais quede sen poder celebrar as comidas típicas navideñas e ningún dos seus nenos quede sen o seu agasallo de Nadal e Reis.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.