Mos
Mos inicia o expediente de contratación do Servizo de Axuda a Domicilio
Ó ano benefícianse 70 familias mosenses desta axuda prestada dende o departamento de Política Social
![[Img #29300]](upload/img/periodico/img_29300.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Benestar Social mosense, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que se levará a aprobación ó vindeiro Pleno ordinario da Corporación Municipal, que se celebrará o luns 26 de decembro, o inicio do expediente de contratación da empresa concesionaria que se encargará de prestar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Concello de Mos. Esta contratación realizarase mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria.
O contrato terá unha duración de dous anos, prorrogables polo mesmo período por acordo expreso de ambas partes, empresa e administración local (e un máximo de catro anos). O orzamento, IVE incluído, para o vindeiro ano de prestación deste servizo estímase en preto de 550.000 euros.
O prazo de presentación de ofertas por parte das empresas interesadas en prestar o Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Mos abrirase coa publicación da convocatoria da licitación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Perfil do Contratante da páxina web do Concello de Mos
Cebreiro declarou onte que durante este ano beneficiáronse do SAF no Concello de Mos 68 usuarios, -pendentes de 3 novas altas a realizar estes días, un número moi importante que demostra a relevancia que este servizo ten no municipio mosense, que incluso conta con lista de espera de usuarios potenciais, demandantes deste servizo.
Os beneficiarios deste servizo son preferentemente persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu contorno inmediato, así comoi fogares con menores nos que se observa necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. O Servizo de Axuda no Fogar tamén dá unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias mosenses en risco de exclusión social.
Este servizo cobre asistencias ós beneficiarios nos seus respectivos domicilios tales coma atencións de carácter persoal na realización de actividades básicas na vida diaria, atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, atencións de carácter psicosocial e educativo e, con carácter complementario, este servizo tamén incorpora outros tipos de atención como actividades de acompañamento, prestación de atención a distancia, adaptacións funcionais do fogar, servizo de podoloxía e servizo de fisioterapia.
O SAF ten por obxecto prestarlles un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia, favorecendo a súa calidade de vida e evitando ou retardando a súa posible institucionalización. Os obxetivos do Servizo de Axuda no Fogar son mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social; previr situacións de dependencia ou exclusión social, retardar ou evitar a institucionalización e reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.
O ano pasado a consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia concedeulle ó Concello 380 horas máis do Servizo de Axuda no Fogar para persoas valoradas en situación de dependencia (SAF), a maiores das que xa dispoñía ata ese momento.
Gracias a esas preto de 400 horas a maiores déuselle servizo a 6 veciños máis en situación de dependencia, dos cales 4 pertencen á categoría de grado 3 e 2 ó grado 2 de dependencia. Estas 6 persoas beneficiarias eran as de máis alta situación de dependencia de entre as integrantes da lista de espera para o SAF en Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149