LIBROS
Oiko-nomía do xénero
A visión que nos presentaron historicamente como verdade única –e que foi usada como criterio socializador–, así como os propios conceptos empregados na confección do discurso patriarcal, son sinxelas proxeccións do actual paradigma interpretativo: a perspectiva patriarcal, edificada como norma hermenéutica, que se impón como prisma para ler a evolución das sociedades e das súas subxectividades interiores.
Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979), nunha fina re-interpretación das pegadas históricas, que van desde a Prehistoria ata a vertixinosa contemporaneidade do neoliberalismo, pasando pola Idade Media e por varios sistemas culturais non occidentais, proponnos con Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras unha re-visión e axuste daquel mito explicativo, a partir da análise do xénero como función subalterna, e da íntima relación que o xénero garda co concepto de propiedade, oiko, e co da súa xestión, nómos. Seguindo as liñas abertas pola antropoloxía marxista e feminista, son pensadas as formas da propiedade, a mercadoría e o diñeiro, vinculadas todas elas ao papel deses suxeitos subalternos que son, neste caso, as mulleres.
Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979), licenciada en Ciencias da Comunicación e doutora en Filosofía pola USC cunha tese sobre Gilles Deleuze. Ademais de ensaios e colaboracións xornalísticas variadas, ten publicado os seguintes libros: O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2005; Editorial Galaxia, 2006), (repeat to fade) (Estaleiro Editora, 2011), A revolución non vai ser televisada (Premio AELG de Ensaio, 2013; Euseino? Editores, 2013), E meterei a miña lei no seu peito (Estaleiro Editores, 2014), Capitalismo e fascismo – Psico-ontoloxía da escravitude (Euseino? Editores, 2015) e O canto da Sibila (Editorial Galaxia, 2016).
Prezo: 18,00€
Páxinas: 214
Colección: Col. POLIMNIA
Editora: Axouxere Edicións

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22