Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 16 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

460 deportistas compiten este sábado no río Lérez polo II Trofeo Rías Baixas 2016 de Piragüismo

Participan 115 embarcacións de 25 clubs de toda Galicia nun evento que se incluirá no calendario español de probas oficiais para a vindeira temporada.

[Img #29306]

 

O II Trofeo Rías Baixas 2016 de Piragüismo disputarase este sábado 17 de decembro a partir das 16.00 horas con saída e chegada na praia fluvial do río Lérez en Pontevedra, segundo explicaron hoxe no Pazo Provincial a deputada de Deportes, Chelo Besada; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; e o director técnico da proba, Antonio Barreiro.


Neste trofeo, que segundo Chelo Besada amosa “a grande aposta polo deporte” da Deputación,  participarán en total 460 deportistas en 115 embarcacións, de 25 clubs de toda Galicia. O percorrido é de entre 9 e 10 quilómetros polo tramo final do río Lérez en Pontevedra e estímase que as embarcacións deberan completalo nun tempo medio duns 40 minutos.


A deputada de Deportes, que salientou a importancia do piragüismo na provincia -con figuras como David Cal ou Teresa Portela-, lembrou que este ano pode aprenderse nun total de 20 concellos da provincia a través do programa DEPOrte escolas e que no ámbito do fomento deportivo “desde esta administración temos a satisfacción de ser o referente a nivel Galicia”. Así mesmo, salientou o papel de clubs, asociacións e axentes relacionados co deporte na provincia para converter esta nunha “área prioritaria”.


O presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, indicou que actualmente -un mes e medio despois do inicio da temporada- xa hai 2.000 licencias concedidas a deportistas en Galicia, mostra da crecente importancia desde deporte. Bea asegurou que a Federación xa traballa para incluír o Trofeo Rías Baixas “no calendario nacional en 2017”, e agradeceu o apoio da Deputación para convertelo “nunha gran festa do piragüismo” e para promocionar este deporte a través das instalacións da Illa de Arousa, Catoira e Vilaboa.


Pola súa parte, o director técnico da proba, Antonio Barreiro, salientou o crecemento da mesma, que pasou de 250 participantes en 2015 a un total de 460 este ano.


A saída da proba é na praia fluvial do Lérez a partir das 16.00 horas para as categorías senior masculina e feminina K-4 e C-4, e ás 17.00 horas para as categorías junior e cadete masculina e feminina K-4 e C-4.
A entrega de galardóns ás primeiras embarcacións e clubs será a partir das 19.00 horas no Edificio Sexto do Museo de Pontevedra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.