O PORRIÑO
O Concello do Porriño axudará á distribución de ‘Querida Gina’, que se proxectará o vindeiro mes de xaneiro no Centro Cultural Municipal
O Concello do Porriño axudará á distribución de ‘Querida Gina,’ a película protagonizada por Juan Sánchez e Serafín Rodríguez, veciños de Cans, e que narra a aventura que viviron viaxando de O Porriño a Roma para coñecer á súa admirada Gina Lollobrigida, á que viran cando fixeran de extras na película ‘Salomón e a raíña de Saba’, rodada en Zaragoza no ano 1959.
Este é o compromiso ao que chegou o Goberno local coa directora do filme, que voltará a O Porriño o mes de xaneiro para estar presente na proxección da cinta no Centro Cultural Municipal.
Susana Sotelo agradeceu ao Concello do Porriño o apoio que deu á candidatura de ‘Querida Gina’ a sete nominacións aos Premios Goya, nominacións que, finalmente, non acadou, un apoio, sinalou, que foi moi importante para todas as persoas que participaron na película e que axudou a facer visible a mesma.
A directora solicitou a colaboración do Concello para a distribución da cinta que, subliñou, é agora a principal preocupación do seu equipo, “queremos que chegue aos espectadores e que o maior número de persoas posible poidan coñecer a historia de Juan e Serafín”.
O Goberno local reafirmou o seu compromiso coa película, pasadas xa as candidaturas aos premios da Academia de Cine, e asegurou a Susana Sotelo que botará unha man para que ‘Querida Gina’ poida verse no maior número de lugares posíbeis.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149