MOS
Mos integra o seu bus urbano no Transporte Metropolitano
O convenio coa Xunta levarase ao Pleno deste mes.
![[Img #29315]](upload/img/periodico/img_29315.jpg)
Mos integra o seu Plan de Transporte Municipal no Transporte Metropolitano, así se acordou nunha reunión celebrada onte no Concello de Mos entre a alcaldesa, Nidia Arévalo, a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas de Santos, o secretario xeral técnico da consellería de Infraestruturas e Vivenda, Joaquín Macho Canales, a concelleira mosense de Mobilidade, Kely Monzón, e técnicos municipais e autonómicos.
O convenio coa Xunta de Galicia para incluír o Transporte Municipal mosense no Transporte Metropolitano será levado a aprobación ao vindeiro Pleno ordinario da Corporación Municipal que se celebrará o luns 26 de decembro para que poida facerse efectivo a comezos do ano que ven, no mes de xaneiro de 2017.
As representantes municipais destacaron os bos resultados que está a rexistrar a liña azul do bus urbano do Concello de Mos, que alcanzou unha media de 50 usuarios diarios; mentres que fai un mes (a mediados de novembro) a media rexistrada nesta liña era de entre 10 e 20 viaxeiros/as ao día.
Os cambios proxectados para a liña verde en aras de mellorar o índice de uso da mesma, e consistentes en acortar e reducir o tempo para aumentar a afluencia de usuarios, (xa que se detectou que non era operativa xa que duraba máis dunha hora), entrarán en vigor en xaneiro xunto co convenio entre Xunta e Concello para integrar o bus urbano no Transporte Metropolitano.
O principal erro detectado na liña verde é, como se dixo, o tempo de percorrido, que motiva a pouca demanda da devandita liña.
Os estudios técnicos e a comisión de seguemento para mellorar o servizo de bus urbano emiten cada mes un novo informe de uso das distintas liñas, incluso das paradas máis utilizadas; e en maio de 2017 farase unha posta en común e unha valoración fundamentada no uso do servizo para plantexar entón a posibilidade de que o bus urbano de Mos chegue a puntos que agora mesmo non están incluídos como Amieirolongo, a zona comercial de Sanguiñeda, así como tamén unha posible ampliación de horarios.
Melloras no servizo
A mediados do pasado mes de novembro anunciáronse melloras no recentemente estreado bus urbano de Mos (empezou a funcionar o pasado 24 de outubro) que, xunto co de Vigo, é o único da Área Metropolitana. Estas melloras entrarán en vigor en xaneiro, unha vez asinado o convenio entre Xunta e Concello para integrar o bus urbano no Transporte Metropolitano.
A concelleira mosense de Mobilidade Kely Monzón, aproveitou onte para anunciar que entre finais deste mes e principios do mes que ven os veciños e veciñas de Mos recibirán nos seus domicilios un folleto informativo no que se detallan os cambios e melloras nas dúas rutas do bus urbano, así como todos os horarios de cada unha das paradas.
Unha moi importante incorporación do bus urbano na liña azul é que recolle á xente das parroquias mosenses de Tameiga, Guizán, Torroso, Dornelas, Mos e Louredo e as deixa en Peinador para que poidan coller o Vitrasa a Vigo, así como tamén recolle aos universitarios para deixalos en Puxeiros e que poidan coller a lanzadeira que os leva á zona do CUVI (que conta cunha expedición de ida en horario de mañá e dúas de volta: unha pola mañá e outra pola tarde). Aspectos estes que antes xa se contemplaban pero tan só na liña verde e agora faise nas dúas: verde e azul.
No caso da liña verde redúcese o tempo do traxecto de 1 hora 15 minutos a 55 minutos. Para acortar tempos o que se fixo foi trasladar parte da ruta á estrada PO-331 que vai de Porriño a Gondomar. Antes a liña introducíase polo interior das parroquias de Cela e Pereiras e agora evita esas voltas transcurrindo pola estrada Porriño-Gondomar.
E por último, por unha razón de operatividade, hai dúas paradas na parroquia de Petelos que antes estaban na liña verde e que agora pasan á azul que son: Camiño das Barxas (Capela de San Amaro) e Camiño das Barxas (Porteliña).
Finalmente Monzón destacou outra importante mellora que é a gratuídade do servizo de bus urbano para os menores de 19 anos, aprobada xa no Pleno do pasado mes de novembro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149