Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 16 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Moción do BNG instando á Deputación á urbanización do vial Puxeiros - Mos

Presentada para debater no pleno de decembro

[Img #29317]

 

Miguel Anxo Aldea Moscoso, Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos, ven de presentar unha moción para tratar no pleno  de decembro, onde se insta á Deputación de Pontevedra a urbanizar o vial que une Puxeiros con Mos. Un vial “moi transitado por todo tipo de tráfico” e que ademais “conta con moitas vivendas nos seus márxenes” sinalan.

 

Para o BNG “sempre foi unha prioridade, e xa hai anos desde o goberno local, instárase a este arranxo”, pero segundo os nacionalistas “o PP naquel momento na Deputación, non fixo moito caso desta solicitude como hoxe en día podemos comprobar”.

 

Por isto, Miguel Anxo Aldea, asegura que “co novo goberno na Deputación, cremos que se pode retomar esta solicitude, e acometer estos arranxos, que deben incluir ademais de construcción de beirarrúas, a mellora da sinalización vertical e horizontal, así como as medidas pertinentes para reducir a velocidade dos vehículos que circulan por ela”.

 

Dende o BNG din que “o apoio a esta moción contamos con que sexa unánime debido a importancia deste vial, que lembremos pasa por un colexio público e pola escola de Música de Torroso”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.