Viernes, 23 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 18 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
Nigrán

A Xunta de Galicia felicitará o Nadal cunha postal obra do alumnado do CEE de Panxón

O conselleiro deu os parabéns aos nenos polo seu traballo e convidounos a seguir explorando novas facetas como fixeron desta vez coa artística

[Img #29326]

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; visitaron o Centro de Educación Especial de Panxón, cuxos alumnos elaboraron diferentes propostas de postais de Nadal das que se escollerá unha como felicitación oficial da Xunta neste ano 2016. Deste xeito, a creatividade e o esforzo e superación das nenas e nenos deste centro educativo chegarán a todas as persoas e institucións que reciben a felicitación do Goberno autonómico.

 

Román Rodríguez felicitou ao alumnado polo seu traballo e animounos a seguir explorando novas facetas e competencias, como fixeron desta vez coa artística. Así mesmo, agradeceu a dedicación do profesorado, que en especial nos centros de educación especial vai máis aló do exercicio docente, demostrando unha clara vocación cara á formación e superación do alumnado con necesidades específicas.

 

Con iniciativas como a de felicitar o Nadal cunha postal do CEE de Panxón a Consellería afonda nunha das súas liñas prioritarias de actuación, a atención á diversidade e o fomento da inclusividade. Neste sentido cómpre lembrar que Galicia é, segundo os últimos informes, a Comunidade Autónoma cun sistema educativo máis integrados ademais de contar– tal e como confirmou PISA- co ensino máis equitativo.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.