Mos
Mos celebra o acto de clausura do programa Tempo de Lecer no que participaron preto 250 persoas
Ó longo de todo o ano 2016 impartíronse un total de 345 horas de clase en 18 cursos
![[Img #29343]](upload/img/periodico/img_29343.jpg)
As asociacións mosenses participantes no programa Tempo de Lecer que organiza a concellería de Educación e Participación Cidadá celebraron este venres no Multiusos das Pozas a clausura dos cursos realizados ao longo do presente ano 2016.
Esta iniciativa anual logra máis adeptos cada edición. Os cursos deste ano, que se impartiron nun total de 13 asociacións mosenses foron, entre outros, Pilates, poda e tarefas do campo, palillos, palillos avanzado, Ioga, lencería do fogar, percusión, pandeireta e canto, cociña básica sá, arte floral, repostería, axilidade mental e memoria, pintura e bailes de salón.
Realizáronse un total de 18 cursos e as 13 asociacións participantes foron: San Rafael de Pereiras, Nosa Terra de Pereiras, San Martín de Tameiga, AVV de Dornelas, Chan do Bosque, Mulleres Rurais Val da Louriña, Ledicia, Grupo Folclórico Nosa Terra de Pereiras, AVV Petelos, San Mamede de Torroso, Asociación Recreativa e Cultural Guizán, Centro Recreativo e Cultural de Torroso e Abrente. Entre todas elas impartíronse un total de 345 horas de clase e o número total de participantes ascendeu a 241 persoas.
Nestes cursos o importe a aboar por cada alumno/a de Tempo de Lecer é a razón de 1 euro/hora por participante, que debe inscribirse directamente na asociación na que se imparte o curso ou obradoiro no que está interesado/a.
Ao acto de clausura celebrado o pasado día 16 asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Participación Cidadá, Kely Monzón. Tal e como explicou a edil Kely Monzón “un dos fins deste programa é dar resposta á gran demanda por parte das asociacións e conseguir unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo é do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social”. Outros dos obxectivos de Tempo de Lecer son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas de Mos a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades formativas adaptadas ás súas posibilidades económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149