PROVINCIA
Carmela Silva condea o asasinato dunha xoven en Vigo e traslada a súa familia a solidariedade do goberno provincial
A presidenta da Deputación de Pontevedra lembra tamén a muller agredida o venres en Santiago e insta de novo a todas as administracións a impulsar un pacto de estado “porque a sociedade non pode ter unha prioridade maior”.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou hoxe a súa máis enérxica repulsa polo asasinato de Ana Enjamio, a xoven de 25 anos que apareceu morta a pasada madrugada no portal do seu domicilio da Avenida de Madrid, en Vigo despois de recibir varias coiteladas. Silva expresou o seu pesar e o de todo o goberno provincial “por un novo caso de violencia contra as mulleres, que se suma á agresión do venres en Santiago doutra xoven que está ferida moi grave”.
A presidenta da Deputación expresou a súa condea por este novo asasinato “que volve a deixar moi clara a necesidade de que temos que poñernos dacordo para loitar contra esta lacra aínda con máis forza, con máis medios, con máis recursos e tendo claro que non podemos ter unha prioridade maior. Están a matarnos e non nos podemos quedar mirando, insistiu Silva.
A Presidenta provincial, que trasladau á familia de Ana Enjamio a solidariedade e o apoio de todo o goberno da Deputación, volveu a exixir “un gran pacto de estado que permita que todas as administracións establezan prioridades, unha maior vontade política e unha implicación real para acabar con este goteo continuo de mortes”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115