GALICIA
A Xunta condena os dous últimos casos de violencia contra as mulleres rexistrados en Vigo e Santiago
O Goberno galego manifesta a súa consternación ao tempo que apela á responsabilidade social de todos os galegos e galegas para entre todos poder rematar con esta repudiable lacra.
A Xunta de Galicia expresa a súa máis enérxica condena ante os dous últimos casos de violencia contra as mulleres en Galicia, onde esta noite faleceu violentamente unha muller en Vigo e outra que onte foi agredida en Santiago atópase en estado moi grave.
Ambos sucesos son obxecto de investigación e, á espera de confirmación oficial de se son casos de violencia de xénero, a Xunta condena unha vez máis este tipo de actos de violencia contra as mulleres e traslada o seu pesar e o seu apoio ás súas familias.
O Goberno galego fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra a repudiable lacra da violencia de xénero e entre todos poder rematar con este tipo de actos, e poder acadar a plena erradicación deste problema público e social de primeira orde.
Recorda que as vítimas de violencia de xénero teñen a súa disposición o telefono 016, que pode ser derivado directamente ao 112 cando precisen axuda
Así mesmo, a Xunta fai un chamamento para que as mulleres que estean sendo vítimas de malos tratos denuncien e así se lle poidan prestar as axudas necesarias, tanto a nivel de protección policial, coma a nivel económico e así poder axudarlles a rachar coa situación de violencia na que están inmersas.
Nese sentido, hai que lembrar que as vítimas teñen á súa disposición o teléfono 016, un telefono gratuíto que garante a confindencialidade, xa que non queda pegada na factura telefónica. Ademais, froito dun acordo entre a Xunta e o Goberno central, as chamadas que se produzan desde o 016 dende o ámbito territorial de Galicia derívanse automaticamente ao telefono 900 400 273 ou ao 112 no caso de que a usuaria o precise.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217