Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 22 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Incremento dos vendedores para o novo mercado dos sábados de Gondomar

Praza de abastos, vendedores ambulantes, comercio local, hostalería, mercado agroecolóxico e artesáns serán os eixos sobre os que pilote o novo mercado semanal.

[Img #29358]

 

Se  para o tradicional mercado dos luns, había unha oferta de 29 ambulantes rexistrados, para o novo mercado sabatino xa hai inscritos, a día de hoxe, 38 vendedores das máis variadas ofertas: froita, calzado, roupa, artigos de fogar, ferretería, horta , panadería...

 

 

O concelleiro de comercio e turismo, Xosé Antón Araúxo Rodríguez, agradece “o esforzo dos vendedores por adaptarse a esta nova data na cita semanal, xa que implicou unha reorganización das súas xeiras por outras vilas. A nosa gratitude ven dada polo feito de que agora poderemos presentar un abano de produtos máis diversificado, e por tanto, máis interesante para  compradores liberados das ataduras laborais semanais”.

 

 

O proxecto da Concellería de Comercio deseñado por Xosé Antón Arauxo, tamén contempla o reforzamento da Praza de Abastos, onde a experiencia de décadas dos profesionais en  produto fresco: carnes, mariscos, peixes, froita, horta...sumaranse agora 12 novos postos  de venda que o Concello vai  por en servizo.Variedade, frescura, produto local e prezo deben ser os nosos sinais de identidade e vantaxes comparativas co comercio periférico.

 

O Concello de Gondomar, quere neste ámbito abrir unha nova liña de colaboración cos produtores locais de produtos artesáns e agroecolóxicos. Con este fin empezarán a funcionar o 14 de xaneiro de 2017,  os Encontros de Consumo Responsable, que terán un carácter quincenal. Celebrarase os segundos e cuartos sábados de mes.

 

Os Encontros de Consumo Responsable, non se limitarán a venda, senón que serán o epicentro de propostas culturais, musicais, sociais, etc.

 

 

Neste obxectivo, tamén inclúen ao comercio local que ten sufrido de xeito dramático os golpes  da crise, que deixou esquimadas as nosas rúas... Especialidades reposteiras, lugares de xantar no centro da vila  ou esparexidos por paraxes impresionantes e nas parroquias.

 

 

Os técnicos en comercio e economía social consultados por esta Concellaría estiman que a medio prazo Gondomar, poderase ir consolidando como unha oferta atractiva para persoas de fora do Concello que terán un lugar onde saír, comprar,  procurar lecer, visitar unha vila co encanto do pasado e próxima de paisaxes espectaculares, ideais para aproximarse a natureza desde os entornos máis urbanitas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.