O PORRIÑO
O Porriño o terceiro concello que máis medra en Galicia en número de habitantes
![[Img #29395]](upload/img/periodico/img_29395.jpg)
O Porriño é o concello de Pontevedra que máis medra en número de habitantes e unha das 13 vilas de Galicia que non veu caer a súa demografía, segundo os datos oficiais de poboación , correspondentes ao primeiro semestre de 2016, publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Da cordo cos mesmos, dos 313 concellos do país, so Ames, con 186 novos habitantes, Arteixo, con 70, O Porriño, 56, Oroso, 46, Salceda, 44, Poio, 27, Cambre, 16, Burela, 15, Soutomaior, 10, Culleredo, 6, Gondomar, 3, Pontecesures, 2 e Negreira, 1, rachan coa tendencia galega que presenta os peores datos demográficos da súa historia, con so 612 nacementos por cada 1.000 mortes.
Os datos referidos a O Porriño, que é o terceiro concello de Galicia en incremento da súa poboación, coinciden con outros coñecidos nos últimos meses e que amosan que capital do Louro iniciou hai un ano un evidente despegue.
En agosto coñecíase que O Porriño superara os 20.000 habitantes: unha revisión do padrón municipal, sinalaba que a vila gañara 2.000 veciños dende xuño de 2015, pasando dos 18.500 que figuraban inscritos no Concello naquela data a estar por riba dos 20.000.
Xa en marzo deste mesmo ano, o Instituto Nacional de Estatística, a instancias do propio Concello, admitirá unha corrección no número oficial de habitantes que se publicara a 1 de xaneiro, aumentando o mesmo en 1.009 persoas, de xeito que a vila pasaba a ter 19.559 veciños. Así mesmo, o feito de chegar aos 20.000 habitantes implicará, como sinala a alcaldesa, entre outros beneficios, un aumento da cantidade que perciba o Concello pola súa Participación nos Ingresos do Estado (PIE).
No mesmo eido, a vila tamén veu mellorar no último ano, e en especial no último mes, os datos de creación de emprego: en novembro O Porriño liderou o descenso do desemprego nos 14 concellos da recién formada Área Metropolitana, en termos absolutos, incluíndo á cidade de Vigo.
En novembro atoparon traballo no concello 47 persoas máis, unha caída que se suma ás de setembro, agosto, xullo, xuño, maio ou abril e que supón que o número de porriñesas e porriñeses desempregados situouse, o pasado día 30, en 1.836.
Dende que o actual Goberno local iniciara a súa xestión, en xuño e 2015, o número de desempregados pasou de 2.139 a 1.836 a 30 de novembro pasado, e, no que vai deste ano, 269 veciños atoparon traballo: dos 2.105 que estaban na procura dun emprego en xaneiro, aos 1.836 que están inscritos na oficia de emprego na actualidade, o que sitúa a taxa de paro no 20,6%, preto dun 4% menos que cando comezou o actual mandato municipal.
Polo que se refire á mellora da economía, O Porriño, da cordo cos últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), é concello de Pontevedra co Produto Interior Bruto máis alto por habitante, en concreto 41.000 €, algo no que é clave a súa potencia industrial e o seu músculo laboral, composto por preto de 12.000 traballadores da industria do granito, da automoción, do transporte, loxística, o metal, as telecomunicacións ou produtos.
Na actualidade o concello dispón de máis de 3 millóns de metros cadrados de chan industrial que se verán incrementados nos vindeiros anos sumando aos polígonos de As Gándaras e A Granxa, novos emprazamentos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149