GALICIA
A Xunta pon en marcha unha campaña para fomentar en Nadal o consumo de productos e servizos de empresas de economía social
Economía, Emprego e Industria, a través da Rede Eusumo, pretende con esta iniciativa dar maior visibilidade ao cooperativismo e á Economía Social.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Rede Eusumo de promoción do cooperativismo, vén de poñer en marcha unha campaña para fomentar en Nadal o consumo de produtos e servizos de empresas de Economía Social co obxectivo de dar maior visibilidade a este tipo de empresas. Os protagonistas desta iniciativa son, polo tanto, os propios cooperativistas e empresas de Economía Social que promoverán a súa actividade difundindo as materias primas coas que traballan e o labor que realizan para elaborar os seus produtos.
A campaña, que xa está en marcha, lévase a cabo principalmente a través das redes sociais como Facebook e Twitter e estenderase ata a primeira semana de Reis.
A Rede Eusumo, creada polo Goberno galego para fomentar o cooperativismo, conta na actualidade con preto de 160 entidades adheridas, como son entidades locais, asociacións de empresas, universidades ou fundacións que contan con 14 viveiros de empresa.
A través desta Rede, a Xunta pon a disposición das cooperativas os medios necesarios para apoiar o emprendemento entre os que destacan instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais, ao tempo que se impulsa este modelo no ámbito local a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego cooperativo.
A actividade de promoción levarase a cabo principalmente a través das redes sociais como Facebook e Twitter
Entre as vantaxes de pertencer á Rede Eusumo resaltan, ademais, os beneficios propios dunha colaboración en rede, compartindo esforzos e resultados con outras entidades con intereses similares, e a utilización dos diferentes centros da Rede.
Para promover este sector, é preciso lembrar que o Goberno galego aprobou este ano a Lei de Economía Social de Galicia que ten entre os seus obxectivos dotar ao sector da relevancia que merece polas súas achegas á sociedade.
A Xunta, ademais, está traballando para contar cada vez con cooperativas de maior tamaño, máis innovadoras e que busquen abrirse a novos mercados, o que favorecerá a internacionalización do tecido industrial galego.
Entre as ferramentas coas que conta a Xunta para impulsar este sector destaca o Fondo de Economía Social (FES), co que Xesgalicia achega financiamento ás compañías a través de préstamos desde 30.000 euros para realizar novos proxectos ou impulsar o crecemento dos que xa están en marcha.
Existen tamén outros apoios, a través da Axenda 20 para o Emprego, coa que o Goberno galego está a impulsar o emprego estable e de calidade, para a posta en funcionamento de proxectos entre entidades de economía social e de colaboración empresarial que aposten polo I+D+i, a comercialización ou a internacionalización e un programa de microcréditos para microempresas ao que poden acceder as cooperativas galegas.
Outros instrumentos cos que conta a Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar o emprendemento en xeral como son a Rede Galega de Aceleradoras; a Lei do Emprendemento que, entre outras vantaxes, ofrece mecanismos para facer máis doada a decisión de materializar un proxecto empresarial; deducións fiscais e apoios financeiros; a Unidade Galicia Emprende co compromiso de dar unha resposta en menos de 30 días ás ideas presentadas; e a Oficina Doing Business dirixida a estudar as suxestións dos emprendedores cara a reducir as trabas burocráticas á actividade empresarial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60