Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 23 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Nenos e nenas da Guarda decoraron a árbore de Nadal da Biblioteca Municipal

[Img #29458]Os máis cativos sempre son os grandes protagonistas destas datas e, como tal, dende o concello da Guarda estanse a levar a cabo moitas actividades para os nenos e nenas da vila.


 
Os pequenos están a axudar na decoración e embelecemento da vila a través de diversos obradoiros. Ademais dos obradoiros de decoración navideña infantís “Decora o teu Nadal” organizados dende o Departamento de Cultura, tamén este pasado sábado tiveron a oportunidade de adornar un lugar importante da vila: a Biblioteca.


 
Nunha nova sesión de Contos Contados, que tivo lugar o sábado pasado ás 11'30 horas, os nenos e nenas puideron desfrutar de cantos e contos de Nadal. Pero tamén tiveron a continuación a actividade “Viste a árbore de Nadal”. Neste pequeno obradoiro realizaron os adornos que locen na árbore da Biblioteca, que estará alí durante todo o Nadal, para acompañar aos guardeses e guardesas que se acheguen á Biblioteca durante estas festas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.