Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 23 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Escola de Cantería cede 17 obras en granito para unha exposición nas beiras do río Sar en Santiago

As obras de grandes dimensións foron realizadas por quince alumnos da escola en Poio.

[Img #29473]

 

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra cedeu dezasete obras en granito para unha exposición do concello de Santiago nas beiras do río Sar no que acaban de rematar unhas obras de acondicionamento para unha senda peonil.


O propio concello de Santiago foi quen  solicitou á Deputación de Pontevedra a colaboración en forma de pezas da Escola de Cantería para conformar esta exposición para conmemorar o fin das obras de acondicionamento das sendas peonís nas beiras  do  río Sar,  o seu paso polo parque Granell.


As pezas foron seleccionadas entre os traballos xa feitos polos alumnos e alumnas da Escola de Cantería entre os anos 2010 e 2016 polo propio concello entre os materiais que se atopan nas instalacións de Poio. En total son dezasete pezas de gran tamaño e con pesos nalgúns casos superiores aos mil quilos.


Entre as pezas elixidas  algunhas representan oficios tradicionais como ferreiros, costureiras ou canteiros e outras con estampas da vida cotiá.


As obras pertencen aos alumnos Álvaro Somoza López, Emilio José González Martínez, José Sampedro Cacamaño, José Luís Fernández Ferradáns, Daniel Vera Fernández, Pedro José Rodríguez Álvarez,  José Rocha Pino, Víctor Manuel Otero Sanjorge, Nicolas Ricon Luís, Ruben Touriño Reboredo, Francisco Escariz Jamardo, Lorenzo Lede Mouriño, Víctor Duran Cabanelas, Jonathan Mariñas Garcia e  Raúl Martínez López. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.