GALICIA
O sector hoteleiro acada en Galicia novas cifras históricas con maís de 4 millóns de viaxeiros e case 8 millóns de pernoitas
Nos dez primeiros meses do ano, a nosa comunidade superou nun 6% a cifra de viaxeiros e nun 7,4% o dato de pernoitas rexistrados no mesmo período de 2015.
![[Img #29497]](upload/img/periodico/img_29497.jpg)
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados no día de hoxe, Galicia rexistrou no pasado mes de novembro un incremento do 6,8% nos seus viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros con 211.670 viaxeiros.
Así mesmo, a nosa comunidade superou nun 11,6% a cifra de pernoitas de novembro de 2015 ao rexistrar un total de 414.596. Galicia acadou así as cifras máis elevadas dos últimos seis anos tanto no que atinxe ao volume de viaxeiros aloxados como ás pernoitas.
En termos de mercados, continúa na senda de crecemento o turismo interno que presentou un incremento do 15,1% no que respecta ás pernoitas e do 8,2%. No referido aos viaxeiros, acadando a cifra das 153.000 noites, o dato máis elevado dos últimos cinco anos.
O turismo internacional marcou tamén cifras históricas tanto de viaxeiros, con preto de 1,2 millóns, como de pernoitas, con case 1,9 millóns
Pola súa parte, o turismo receptor nacional superou o pasado mes de novembro nun 8,2% o nivel de pernoitas e nun 5,4% a cifra de viaxeiros acadando con máis de 189.000 pernoitas a cifra máis elevada dos últimos seis anos.
![[Img #29486]](upload/img/periodico/img_29486.jpg)
Destaca, así mesmo, o comportamento do turismo internacional que superou nun 13,7% as pernoitas acadadas en novembro de 2015 e nun 7,6% a cifra de viaxeiros. Deste xeito, con preto de 73.000 pernoitas este mercado rexistrou no pasado mes a cifra máis elevada dende o ano 2007. A estadía nos hoteis e pensións de Galicia incrementouse tamén neste mes de novembro nun 4,5%, situándose na dato máis alto dos últimos cinco anos.
Tamén os datos de ocupación do sector hoteleiro galego melloraron en comparación co mes de novembro de 2015 en 2,6 puntos porcentuais acadando a porcentaxe de ocupación media máis elevada dos últimos seis anos.
Así mesmo, os establecementos hoteleiros da nosa comunidade melloraron unha vez máis os seus niveis de rendibilidade en relación ao mesmo mes do pasado ano subindo o RevPAR un 8,2%.
Acumulado do ano
No primeiros once meses do ano Galicia rexistrou máximos históricos tanto de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros como de pernoitas. Con 4.138.247 viaxeiros e 7.900.115 pernoitas, a nosa comunidade superou nun 6,0% e 7,4%, respectivamente, as cifras do mesmo período do pasado ano.
A mellora dos niveis de demanda viu como consecuencia do bo comportamento rexistrado polos tres grandes segmentos de mercado. O turismo interno incrementouse nun 7,6% no tocante ás pernoitas e nun 7,5% no que se refire aos viaxeiros, superando os 1,9 millóns de pernoitas a cifra máis elevada dos últimos seis anos.
Pola súa parte, o turismo receptor nacional incrementou nun 7,8% as súas pernoitas e un 5,6% os seus viaxeiros, acadando o nivel de pernoitas máis elevado dende o último Xacobeo 2010.
Por outra banda, o turismo internacional creceu nun 6,3% no que se refire ás pernoitas e nun 5,3% no referido aos viaxeiros aloxados.acadando novamente máximos históricos tanto de viaxeiros aloxados con preto de 1,2 millóns e de pernoitas con preto de 1,9 millóns.
Como consecuencia do incremento da demanda, os niveis de ocupación do sector hoteleiro en Galicia melloraron en relación ao mesmo período do pasado ano en máis de 2,4 puntos porcentuais acadando a cifra máis elevada dos últimos nove anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126