Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 24 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O grupo Popular presenta unha moción para a mellora da zona comercial da Tabernanova

Os populares piden ao Alcalde e ao Grupo de Goberno que executen as competencias correspondentes para que, xunto con outras administracións, solucionen a situación actual da zona comercial.

[Img #29500]

 

O Partido Popular de Salceda de Caselas, representado polo seu voceiro, Santiago Davila, e polo Concelleiro da parroquia anteriormente mencionada, Joaquín Núñez, ven de presentar por rexistro o pasado 16 de Decembro unha moción para debater no pleno que se celebra hoxe venres -ás 20:00 horas- sobre a situación na que se atopa a zona comercial da Tabernanova Madorro (Soutelo).

 

Este lugar, polo cal transcorre a estrada PO-411 Paramos-Salceda de Caselas é, dende fai moitos anos, unha zona comercial de referencia tanto para o noso Concello como para Concellos limítrofes.

 

 

 

 

A mellora suporía a apertura de novos viais, adecentamento de berirarrúas e o saneamento, entre outros servicios

 

 

 

 

A día de hoxe -e como podemos observar na fotografía- a zona atópase deteriorada e non conta coas infraestruturas precisas para desenrolar a súa actividade comercial.


Así pois, e coa colaboración da Asociación de Comerciantes da Tabernanova, o Grupo Municipal do Partido Popular pretende que se contemple e proxecte a apertura de novos viais, execución e adecentamento de berirarrúas, saneamento e demáis servizos necesarios para o correcto desenrolo das actividades económicas alí implantadas.

 

“Con dita moción pretendemos que a Corporación Municipal se posicione o respeto, e inste a executar as competencias municipais correspondentes para xestionar ante a Xunta de Galicia, Consorcio do Louro e a Deputación de Pontevedra as obras e servizos plantexados” manifesta Santiago Rodríguez Davila, voceiro municipal popular.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.