PROVINCIA
O Goberno provincial adxudica o PICEI para "paliar a discriminación ocasionada polo reparto de fondos do anterior presidente"
O Plan de Investimentos en Equipamentos e Infraestruturas (PICEI`16) destinará 1,2 millóns de € “para rematar – tal e como afirmou a Presidenta- coa historia de discriminación, clientelar e caciquil do goberno de Louzán”
![[Img #29511]](upload/img/periodico/img_29511.jpg)
O Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar a concesión de subvencións do PICEI´16 por valor dun millón de euros aos concellos de Catoira, Forcarei, Fornelos de Montes, Silleda, A Lama, As Neves e ao Porriño. A través destas achegas, tal e como afirmou a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, “queremos rematar cunha historia de discriminación, clientelar e caciquil do goberno de Louzán e impulsar medidas de redistribución dos recursos públicos que permitan promover a equidade nos servizos e equipamentos dos concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes”.
Carmela Silva manifestou que o PICEI´16, que destina 1,2 millóns de € a oito concellos da provincia, se repetirá no 2017, con máis recursos para tratar de solucionar as afeccións ou dificultades que ocasionou a discriminación no reparto de fondos do goberno anterior”. Ó respecto, a Presidenta da Deputación recordou que “entre o 2009 e 2015 o señor Louzán, entre o sistema de libre disposición que ascendeu a 28,7 millóns de euros e a firma de convenios arbitrarios que superou os 43,14 millóns de euros, repartiu 72 millóns de € case exclusivamente entre concellos gobernados polo Partido Popular”.
Máis polo miúdo, Carmela Silva indicou que “dos 28,7 millóns de libre disposición houbo cinco concellos que non recibiron ningunha axuda, Fornelos de Montes, A Illa de Arousa, Pontecesures, A Guarda e Poio, gobernados polo PSOE e BNG. Pola contra houbo 11 concellos, A Estrada, Meis, Cuntis, Cangas, Moraña, Vilagarcía, Ribadumia, Ponteareas, Pazos de Borbén, Agolada e Lalín –todos eles gobernados polo PP- que recibiron a metade de todas as axudas de libre disposición entre 2009 e 2015, é dicir, 14,5 millóns de € máis para estes concellos e 95 € por habitante a maiores que o resto. Tamén outros 10 concellos, Gondomar, Meaño, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Vilaboa, Vilanova, Portas, Moaña e Salvaterra, sumaron 6 millóns de € de axudas extra, é dicir, 68€ por habitante máis que o resto dos concellos”.
Carmela Silva recordou que mentres “Salceda recibía 3,3 € por habitante ou Silleda 4,5 había concellos que superaban os 350 € por habitante, como sucedía con Moraña, Agolada, Meis, Cuntis ou Pazos de Borbén, todos eles gobernados polo PP”. E engadiu que “se eu estivese na situación contraria, con estes datos obxectivos, elaborados por técnicos que estudaron os orzamentos, estaría pensando moi seriamente en abandonar a política”.
Fronte a esta discriminación, tal e como manifestou a Presidenta da Deputación “é preciso impulsar actuacións como o PICEI para reequilibrar e paliar o sufrimento das veciñas e veciños dos concellos que non estaban gobernados polo Partido Popular, que teñen os mesmos dereitos que o resto da cidadanía da provincia de Pontevedra”. En concreto, hoxe a Xunta de Goberno da institución provincial aprobou a concesión das subvencións aos concellos que conforman o PICEI, por un valor de case un millón de €:
- Catoira recibirá 125.000 € para o acondicionamento da Casa do Concello
- Fornelos de Montes, con 145.000 € para a reforma do seu pavillón municipal
- Silleda, con 438.778.07 € para a dotación de herba sintética para o campo de fútbol da Gandeira en Bandeira
- Forcarei, “gobernado – tal e como manifestou Silva- polo Partido Popular pero que foi dos concellos discriminados polo seu propio partido”, recibirá 90.000 € para a sinalización vertical de núcleos rurais
- A Lama, “que – en palabras da Presidenta- foi outro dos concellos do PP discriminados” percibirá 78.856,12 € para un proxecto de eficiencia do alumeado público a través do cal se van reformar as instalacións do alumeado exterior da parroquia de Covelo e se van colocar tres luminarias no Pelete
- As Neves que recibirá 70.000 € para a mellora e conexión das captacións de abastecemento de auga.
Tamén se aprobou esta mañá, mediante resolución presidencial, a concesión dun investimento de 30.221,93 € do PICEI destinado ao Porriño, para a mellora das instalacións exteriores no campo de fútbol do Carballo da U.D. Atios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158