Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 28 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

As obras de rehabilitación de 4 inmobles da rúa Ferrería estarán rematadas no primeiro semestre do vindeiro ano 2017

O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, supervisou estes días os traballos.

[Img #29520]

 

As obras de rehabilitación de 4 inmobles na rúa Ferrería do Casco Vello de Vigo estarán rematadas no primeiro semestre de 2017. Así o comprobou o delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, tras supervisar estes días os traballos de recuperación nos números 10-12 e 45-47 de dita rúa da zona alta do barrio histórico.

 

Xunto á arquitecta técnica do Consorcio, Nuria Campos, e os responsables de ambas obras, empresa e arquitectos, o presidente do CCVV observou que os traballos avanzan a bo ritmo e que, segundo as estimacións previstas, estarán rematadas para os meses de primavera.

 

 

 

 

Na rúa Ferrería estase a actuar nos números 10-12 e 45-47 cun investimento que chega aos 940.000 euros

 

 

 

 

Unha vez que estean rematadas, se contará con 6 novas vivendas e 2 locais comerciais máis na zona alta do barrio histórico. Ademais, a previsión é que o procedemento administrativo para levar a cabo o sorteo público e ante notario destas 6 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) se inicie no primeiro trimestre do ano.

 

No que respecta ás obras de reestruturación en Ferrería 10-12, permitirán contar con 2 novas vivendas e 1 local comercial nun mesmo e unitario edificio. A actuación foi proxectada polos arquitectos Antonio Cominges Carvallo e Harald Binkele e a adxudicación dos mesmos se fixo por 270.000 euros. Segundo o proxecto, as vivendas serán de 1 dormitorio e terán unha superficie útil de 56,79m2 cada unha, ademais de contar cun patio exterior para a entrada de luz natural. O baixo contará con arredor de 37,48 m2.

 

Mentres, os traballos de rehabilitación en Ferrería 45-47 permiten a construción doutras 4 vivendas e 1 local comercial nun mesmo edificio cun investimento de 670.000 euros. Neste caso, se contará cun dúplex de 3 dormitorios, 1 vivenda con dúas habitacións e, por último, 2 pisos con 1 dormitorio ademais do baixo comercial. As superficies resultantes oscilarán entre 56,65 metros cadrados dun piso de unha habitación e 119,65 m2 do dúplex. O local contará con 63,60 metros cadrados. O proxecto contempla a existencia dun xardín posterior para conseguir luminosidade ademais de respectar e protexer as lareiras de acordo coa normativa.  

 

Actuacións para 2017
Hai uns días iniciouse tamén a obra de rehabilitación en Subida ao Castelo 12, que ofrecerá outras 4 vivendas máis e que o vindeiro ano terá un moi importante pulo. Ademais, iniciaranse os traballos en Subida a Costa 5, recentemente adxudicadas e onde haberá outra vivenda e 1 local máis.

 

Por outra banda, avanzarase noutras 3 actuacións que a día de hoxe están en fase de proxecto. Trátase dos inmobles de Ferraría 8, Cruz Verde 8 e Cruz Verde 12, este último xa en proceso de demolición e baleirado interior.

 

 

 

 

Hai uns días iniciouse outra rehabilitación en Subida ao Castelo 12 e para o vindeiro ano avanzarase nas obras de Subida a Costa 5 e nos proxectos de Cruz Verde 8, Cruz Verde 12 e Ferrería 8

 

 

 

 

En definitiva, serán máis de 2,6 millóns de euros os que se investirán na rehabilitación do Casco Vello de Vigo a través do CCVV nas seguintes actuacións nas rúas Ferraría, Cruz Verde, Subida ao Castelo e Subida á Costa e sen esquecer tamén as previstas para a Ribeira do Berbés coa adquisición de novos inmobles para rehabilitar.

 

Dende o seu inicio hai máis de 10 anos, o Consorcio Casco Vello de Vigo leva rehabilitadas 99 vivendas e 27 locais comerciais onde xa residen máis de 150 persoas ademais de abrir os seus negocios novos emprendedores.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.15

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.