Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 27 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O Pleno mosense pídelle á Deputación a humanización e mellora da seguridade vial da Estrada Provincial Puxeiros-Mos

Úrxese humanizar catro puntos concretos de máxima prioridade, optimizar a sinalización vertical e buscar unha solución para reducir a velocidade do tráfico rodado.

[Img #29521]

 

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos aprobou onte por unanimidade dos seus membros instar á Deputación de Pontevedra a que humanice a Estrada Provincial 2601 que comunica Puxeiros coa parroquia de Mos. Tamén se acordou solicitarlle á administración provincial que mellore a sinalización vertical e faga o necesario para reducir a velocidade en todo o traxecto.

 

A Estrada Provincial EP2601, que comunica  a parroquia de Mos con Puxeiros, é moi transitada por vehículos así como a pé polos veciños e veciñas do Concello.

 

A existencia de beirarrúas é puntual e mínima no percorrido, e por iso considérase necesario e imprescindible que se proceda a humanizar toda a estrada. Obviamente hai que priorizar e, por iso, proponse que se comece por catro puntos, para logo facer extensiva a mellora a todo o vial.

 

Os puntos prioritarios a humanizar son os seguintes catro:

  • Desde o enlace coa Estrada Nacional 550, ate o enlace co vial de Castro-Mos, (parte desta humanización sería aproveitada polos numerosos peregrinos que fan o Camiño de Santiago)
  • Desde o alto de Barreiro ata o cruce do Bar Iglesias (unha parte deste traxecto xa está humanizada, polo que sería darlle continuidade para rematalo)
  • Desde o Bar San Franco ata a entrada cara ao San Franco en Dornelas
  • Desde a Policía Local ata a rotonda da antiga Estrada Nacional 120

 

Á humanización destes catro puntos habería ademais que sumar, como xa se dixo ao principio, a mellora da sinalización vertical e unha solución para reducir a velocidade en todo o vial.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.