Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 29 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP propón crear unha liña específica para repoñer a herba sintética nos campos máis deteriorados

Recordan que os primeiros campos construídos xa teñen dez anos, que é o tempo de vida útil que normalmente garanten estes tapices cun uso intensivo

O grupo provincial do Partido Popular defendía no pleno desta semana que a Deputación de Pontevedra cree unha liña específica para facer fronte ao mantemento e á reposición da herba sintética nos campos de fútbol máis deteriorados da provincia. O voceiro dos populares, Ángel Moldes, considera que é necesario que convoquen unhas axudas independentes ao Plan Concellos, polo que esixirá ao goberno bipartito que sexa previsor e que reserve nos orzamentos de 2017 unha partida para facer fronte a este gasto.

 

Así se defendía nas alegacións que os populares presentaron aos orzamentos de 2017, pero tamén nunha das mocións que defenderá o PP. Ángel Moldes apunta que os primeiros campos de herba sintética construídos na provincia xa teñen dez anos, que precisamente é o tempo de vida útil que se garante cando hai un uso intensivo do terreo de xogo. Por iso, o plan que propoñen permitiría comezar a cambiar a herba sintética nos campos nos que o seu deterioro estea xustificado tecnicamente, e dando prioridade aos máis antigos.

 

O voceiro destacaba, ademais, que está demostrado que a construción dos campos de herba sintética por parte da Deputación de Pontevedra foi un proxecto pioneiro en toda Galicia. E recorda que hai máis de cen campos de herba sintética  na provincia, que permitiron aumentar de xeito notable o número de licencias, pero sobre todo, o número de escolas deportivas e de nenos e nenas que practican este deporte nunhas instalacións modernas e de calidade.

 

 

 

 

Ángel Moldes esixe ao goberno que sexa previsor, e que convoque axudas independentes ao Plan Concellos

 

 

 


Ademais, entende que este tamén sigue sendo un proxecto importante na actualidade, como así o demostra que o actual goberno bipartito formalizase convenios co Concello de Pontevedra para a construción de dous novos campos e con Vigo para, precisamente, o mantemento dos tapices máis deteriorados.

 

Ángel Moldes apunta que na actualidade existen concellos que están destinando parte do Plan Concellos para repoñer o céspede, o que provoca que teñan que renunciar a prestar outros servizos ou investimentos. Considera que esta vai ser unha práctica xeral no vindeiro ano, como así llo trasladaron alcaldes e os propios clubs deportivos nas reunións que o PP está organizando polas comarcas, e nas que amosaron a súa preocupación por como afrontar os custes para repoñer a herba sintética.

 

Por iso insisten os populares que é fundamental que a Deputación de Pontevedra e o goberno bipartito se adiante a esta situación e xa reserve nos orzamentos do próximo ano unha partida económica específica.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.53

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.