Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 31 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Rematada a reforma integral da rúa Pontevedra

Realizouse un cambio de saneamento, beirarrúas, alumeado, asfaltado e plantación de árbores

[Img #29538]

 

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, ven de informar do remate da reforma total e humanización da rúa Pontevedra, un proxecto que puido facerse realidade logo da obtención dunha achega de 248.000€ procedente do Plan Hurban, do Goberno de Galicia, por medio da Consellería  de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.


Manuel Carrera salienta a importancia dunha obra que supón a “mellora integral” dunha vía do centro de O Porriño, moi transitada e que, ademais de resultar perigosa para os peóns,  estaba moi danada.


Os traballos “que supoñen un cambio radical na rúa Pontevedra”, abranguen a separación das conducións de fecais e pluviais, coa creación de máis de 452 metros lineais de saneamento e outros tantos de pluviais; a humanización completa, co cambio de beirarrúas de 2 metros de ancho; o soterramento das conducións de telefonía, auga e electricidade; a colocación de alumeado led de baixo consumo en 11 luminarias novas- dende o mastro ata a farol- e a plantación de 15 árbores.


Esta obra, salienta o concelleiro de Vías e Obras, muda unha rúa deteriorada, “onde eran constantes as queixas das veciñas e veciños, que ademais das incomodidades tiñan que soportar o perigo de camiñar pola mesma”,  nunha zona residencial.


Manuel Carrera engade que, no mesmo barrio, está moi adiantado o proxecto para a transformación da rúa Coruña, onde xa se fixeron distintas obras de mellora. O tenente de alcalde subliña que o departamento de Vías e Obras está a traballar “sen descanso” para conquerir o investimento necesario para acometer a súa humanización qu, asegura, será unha realidade en pouco tempo.   

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.