Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 29 de Diciembre de 2016 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

O Sergas encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a execución das obras de construción do centro de saúde de Gondomar

​O Diario Oficial de Galicia publica unha Resolución asinada polo presidente do Servizo Galego de Saúde, Jesús Vázquez Almuiña, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas das actuacións para acometer a continuación da execución das obras de construción do Centro de Saúde de Gondomar. Esta iniciativa supón o paso previo para que a antedita Axencia poida iniciar a licitación das obras deste centro da rede sanitaria pública galega.


 
A Xunta de Galicia vai destinar preto de 3 millóns de euros para a execución da obra de construción, cuxo Programa Funcional inclúe un área de medicina xeral con 12 consultas; un área de pediatría con dúas consultas; ademais de zona destinada para o traballador social e salas polivalentes.


 
Ademais, o centro contará cun área de administración con almacéns e outros servizos comúns.

 


A superficie total do centro será superior aos 1.600 metros cadrados.


 
A construción do centro suporá que tanto os profesionais previstos (sete médicos xerais, un pediatra, unha matrona, sete DUES, unha auxiliar de enfermería e catro PSX) como os pacientes e usuarios terán una infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, dando unha mellor resposta ás necesidades de saúde, presentes e futuras, dos veciños deste concello.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.