Mos
O Pleno de Mos aproba por unanimidade as bases reguladoras das axudas farmacéuticas para familias
O prazo de solicitude para os beneficiarios estará aberto ata o 31 de outubro do 2017. Con esta iniciativa subvencionarase ata o 40% do gasto falmacéutico dos solicitantes
![[Img #29563]](upload/img/periodico/img_29563.png)
O Pleno da Corporación Municipal mosense, en sesión ordinaria do pasado luns 26 de decembro, aprobou por unanimidade dos seus membros as bases reguladoras de axudas económicas para a compensación de gastos farmacéuticos.
As técnicas do departamento municipal de Servizos Sociais encargáronse da redacción destas bases reguradoras das axudas farmacéuticas para familias usuarias do departamento.
O programa consiste na xestión de axudas económicas ao cofinanciamento do 40% dos medicamentos financiados polo sistema nacional de saúde e prescritos a través de receita a familias con menores a cargo que atravesan dificultades económicas que estean empadroadas e residan no termo municipal.
Os requisitos para poder percibir estas axudas son:
- Estar empadroado/a e residir no Concello de Mos.
- Ter menores de 16 anos a cargo.
- Que os ingresos da unidade de convivencia non superen o 75% do IPREM para un membro, incrementándose un 14%, un 12%e un 10% para o 4º membro e sucesivos ata o límite máximo do 135% do IPREM, tal como establece o artigo 12, d, da Lei10/2013 de inclusión de Galicia.
- Que o medicamento fora prescrito a través de receita e cofinanciado polo sistema nacional de saúde.
- Que estea ao corrente das obrigas tributarias do concello de Mos. No caso contrario solicitude de fraccionamento de débeda cuxo cumprimento será tido en conta para a concesión de futuras prestacións de igual natureza.
Poderán ser perceptores das axudas os propios solicitantes ou as farmacias sempre que o beneficiario autorice o pago a través da correspondente delegación. O pagamento realizarase a través de transferencia bancaria salvo en casos de urxencia que pode ser a través de cheque nominativo.
A contía máxima que se poderá conceder aos destinatarios será de 120 euros por persoa integrante da unidade de convivencia e anualidade. Poderá superarse este límite nos casos en que a situación o faga aconsellable, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada e informada no correspondente informe social emitido pola traballadora social dos Servizos Sociais.
A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado, sempre que o importe da axuda non poderá superar en ningún caso de tal contía que illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas supere a custo do 40% dos gastos farmacéuticos.
Unha vez recibida a axuda, o beneficiario presentará no departamento de Servizos Sociais no prazo máximo dun mes dende a recepción da axuda a factura orixinal do gasto realizado.
As solicitudes acompañadas da documentación necesaria presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Mos.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2017.
Obxectivo: necesidades cubertas
A Dirección Xeral de Inclusión Social da consellería de Política Social resolveu favorablemente a concesión da subvención á administración local mosense para a posta en marcha de programas de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos.
A Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social emitiu un certificado no que se constata o cumprimento por parte do Concello de Mos dos requisitos establecidos para acceder a esta subvención autonómica. E a Dirección Xeral de Inclusión Social por delegación da consellería de Política Social resolveu a concesión á administración local mosense dun importe de preto de 8.000 euros anuais para este fin.
Pola súa banda, o Concello de Mos asumirá unha porcentaxe mínima de cofinanciamento do orzamento total do programa dun 20%.
Sobre esta iniciativa as responsables municipais Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, e Sara Cebreiro, concelleira de Política Social, destacaron a importancia de poñela en marcha xa que “se trata dunha medida para garantir que as necesidades sanitario-farmacéuticas das familias con menores ao seu cargo usuarias dos Servizos Sociais mosenses non queden descubertas en ningún momento”. Incidiron así mesmo nas “nesidades especiais que soen surxir en calquera familia cando teñen cativos menores na unidade familiar, máxime cando se tratan de familias cunha situación económica e/ou social delicada”; explicaron Arévalo e Cebreiro. Por último, agradeceron “a axuda e o apoio económico da Xunta de Galicia, sen os cales non podería ser posible a posta en marcha desta iniciativa tan relevante e necesaria”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149