MOS
Arévalo tilda de ‘chiringuito’ a Área constituída por Caballero
A alcaldesa de Mos presaxia a crónica dunha morte anunciada para un ente non ten sentido sen transporte e sen case a metade dos seus membros.
Ante a constitución, esta mañá, da Xunta de Goberno da Área Metropolitana de Vigo sen os alcaldes do Partido Popular a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, manifestou o seu sentir respecto da situación na que se atopa a Área tras esta primeira Xunta de Goberno presidida por Abel Caballero e coas ausencias de Redondela, Mos, Soutomaior, Salvaterra, Pazos de Borbén e Baiona.
A rexedora local mosense calificou a esta Área Metropolitana como un “Área amputada” polo señor Abel Caballero, amputada tanto en número de membros como no seu motor fundamental e sen o cal non ten sentido este novo ente: o transporte.
Arévalo considera a actitude do alcalde de Vigo como “unha estratexia clara de confrontación co fin único de obter repercusión mediática, así como de crearse un ‘chiringuito’ propio, por e para el, e que poida manexar ó seu antoxo”.
Instiste Nidia Arévalo en que “unha Área sen Vigo no Transporte Metropolitano e sen case a metade dos seus membros non ten sentido e nace como crónica dunha morte anunciada, a non ser que o rexedor vigués recapacite e rectifique”, di.
“Mal que lle pese ao señor Caballero, os veciños e veciñas de todos os municipios da Área Metropolitana imos á cidade olívica a facer Vigo: a consumir e deixar os nosos cartos en Vigo, por iso invítoo a que imaxine un solo día en que ningún dos habitantes dos 13 concellos restantes fóse a Vigo, como se atoparían as rúas, os negocios, os parkings, as empresas, etc.; creo que se levaría unha sorpresa”, declarou a alcaldesa.
Así que, unha vez máis, Arévalo insta ao alcalde de Vigo a que incorpore o transporte urbano ao Plan de Transporte Metropolitano nos termos acordados con todos os alcaldes e asinados, a que cese na intención de adoptar medidas discriminatorias que pretenden converter aos veciños do Concello de Mos en cidadáns de segunda categoría. Esíxelle a integración efectiva do Transporte Urbano de Vigo no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, cesando a discriminación dos veciños mosenses no uso do mesmo.
Nidia Arévalo argumenta a este respecto que “non lle estamos esixindo ao Concello de Vigo nada que o seu alcalde, Abel Caballero, non asinase previamente no convenio coa Xunta de Galicia”. “Simplemente lle pedimos que cumpla o que está asinado”, destaca.
Pola súa banda a rexedora local mosense declara que “simplemente reivindicamos que respecto do Transporte Metropolitano os veciños de Mos non somos nin máis nin menos que os de Vigo, somos iguais; e así debemos facelo valer”. Explicou tamén que nas outras Áreas Metropolitanas de Galicia as cidades cabeceira das mesmas, como son Santiago, A Coruña, e Lugo participan no transporte en igualdade de condicións que o resto de concellos membros; polo que Vigo ten que proceder de igual xeito “e non querer o señor Caballero enganarnos a todos e rirse dos máis de 15.000 veciños de Mos”.
Nidia Arévalo informou ademais de que “o Concello de Mos leva pagando o Transporte Metropolitano un ano e medio, cousa que non fixo o de Vigo; e lembroulle a Abel Caballero que existe unha Lei da Área Metropolitana e que as normas están para cumplilas”.
O que a súa alcaldesa reclama para os mosenses é igualdade de condicións cos veciños/as de Vigo e non ter que pagar case o triple (2,17€ por traxecto ata a farola de Urzaiz-Príncipe) do que pagarían se o señor Caballero cumprise a Lei da Área Metropolitana entrando, como sería lóxico, no Transporte Metropolitano (0,85€ por traxecto ata a farola de Urzaiz-Príncipe). Pretende loitar polos dereitos dos habitantes de Mos, para que non sexan tratados como cidadáns metropolitanos de segunda, en contraposición dos de primeira que serían os vigueses.
A intención do Concello de Vigo e do seu alcalde, Abel Caballero, é que non paguen o mesmo prezo de 0,85 euros polo Transporte Metropolitano todos cidadáns dos diferentes concellos da Área. Considérase que, de producirse dita situación, estarían a existir cidadáns de primeira (os veciños e veciñas de Vigo) e de segunda (os dos demais municipios da Área Metropolitana).
A Tarxeta Metropolitana de transporte ten que ser común a todos e servir para viaxar por tódolos concellos metropolitanos. Con ela todos os usuarios teñen que ter os mesmos beneficios e condicións, entre eles a tarifa única de 0,85 euros; ó igual que se habitantes de fóra de Mos e integrantes da Área viaxan no Transporte Metropolitano enlazando co bus urbano mosense, ó facer trasbordo a este último van a recibir o mesmo trato e viaxar nas mesmas circunstancias que se fosen veciños de Mos.
Ademais é que o que se pretende dende a alcaldía de Vigo é ilegal, ao contradecir a reforma da Lei da Área Metropolitana de Vigo, aprobada polo Parlamento de Galicia, nos seguintes puntos:
1. “A efectiva posta en funcionamento da Área Metropolitana de Vigo requerirá a previa integración efectiva do transporte urbano de Vigo no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, logo da formalización do correspondente convenio de adhesión entre a Xunta de Galicia e o Concello. Esta incorporación realizarase nas mesmas condicións ca o resto dos concellos galegos adheridos ao plan, garantindo a igualdade de tratamento de todas as persoas usuarias”.
2. “Esta incorporación non supoñerá ningún incremento na achega prevista no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia para a Xunta de Galicia ou para os outros concellos, nin ningunha limitación ao numero de persoas usuarias."
É certo que moitos máis viaxeiros se dirixirán a Vigo que ao resto de localidades, pero é o normal posto que é a cidade cabeceira da Área Metropolitana, e as mesmas condicións para todos os cidadáns metropolitanos forman parte do asinado no convenio; convenio que ten que ser cumprido por tódalas partes, xa que a lei é igual para todos.
O feito de establecer distintas tarifas para o Transporte Metropolitano, en función de que o usuario do mesmo esté empadroado en Vigo ou en outro lugar, supón o incumprimento das condicións establecidas no convenio de adhesión do Concello de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, e en consecuencia, o incumprimento do establecido na Disposición Adicional Decimoprimeira da Lei 4/2016, do 27 de xullo, pola que se modifica a Lei 4/2012, do 12 de abril, da Área Metropolitana de Vigo.
Circunstancia que ten que ter consecuencias legais, especialmente se a diferenciación de tarifas indicada incumpre os termos do convenio de adhesión ao Transporte Metropolitano de Galicia.
Vigo ten que ser igual que outras cidades de Galicia que teñen Transporte Metropolitano e nas que as tarifas para viaxar nel son exactamente iguais para tódolos cidadáns metropolitanos, procedan do municipio que procedan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149