GALICIA
O Goberno Galego prorroga os Orzamentos de 2016 “para que Galicia non se parase nin un só día”
Está previsto que os Orzamentos do próximo ano reciban a luz verde do Parlamento de Galicia no mes de febreiro.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a prórroga dos Orzamentos de 2016 durante as primeiras semanas do próximo ano, mentres non se aproben as contas para 2017, que nestes momentos están pasando a súa tramitación parlamentaria. “As galegas e galegos pediron unha Galicia que non se parase nin un só día. Esta prórroga garante que iso se vaia cumprir”, explicou o presidente.
Feijóo repasou os acontecementos que fixeron que 2016 non fose un ano corrente a nivel orzamentario: as eleccións do 25 de setembro e a parálise de dez meses do escenario político nacional, que retrasou a aprobación do teito de gasto definitivo ata o 17 de novembro, primeiro Consello da Xunta con plenas atribucións. Dúas semanas despois, o 2 de decembro, o Goberno galego aprobou o Proxecto de lei de orzamentos, que o Parlamento de Galicia aprobará, previsiblemente, ao longo do mes de febreiro.
Esta prórroga permite aboar os soldos dos empregados públicos, as prestacións sociais e os pagos a provedores; ademais de atender os expedientes de gasto de tramitación anticipada, os compromisos plurianuais e os gastos ordinarios precisos para que os servizos públicos sigan funcionando con normalidade
Esta prórroga permitirá aboar os salarios dos empregados públicos da Xunta con normalidade, pagar todas as prestacións sociais (como as Risgas), efectuar os pagos a provedores e atender os expedientes de gasto de tramitación anticipada, de modo que haxa fondos para medidas como a Tarxeta Benvida, axudas para empresas ou ordes para a promoción do emprego autónomo. Ademais, poderán seguirse tramitando con normalidade todos os expedientes de gasto ordinarios precisos para prestar os servizos públicos e aqueles relacionados cos compromisos plurianuais.
“Hai unha limitación legal na prórroga dos orzamentos, dado que non podemos tramitar ningún expediente de gasto novo, salvo aqueles que sexan urxentes e inaprazables”, indicou Feijóo. “Os cidadáns non terán ningunha repercusión na súa relación contractual ou como provedores ou beneficiarios dalgún incentivo ou axuda pública da Xunta durante o próximo ano, independentemente da situación orzamentaria que se viva en España ou en Galicia”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126