MUNDO EMPRESA
Conde sinala aos gañadores dos premios Smart Commerce como exemplo a seguir para reinventar o comercio a través da innovación
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu en Santiago á entrega dos galardóns desta primeira edición do certame.
![[Img #29575]](upload/img/periodico/img_29575.jpg)
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta semana en Santiago á entrega dos premios da primeira edición de Smart Commerce de Galicia, na que se galardoaron as melloras iniciativas en cada provincia, destacando unha das catro como a mellor a nivel da comunidade; ademais de distinguir o mellor labor en comercio electrónico e a estratexia máis eficaz en redes sociais. Durante a súa intervención, o conselleiro animou ao sector a seguir o exemplo dos premiados, apostando pola innovación e a creatividade para, deste xeito, reinventar o comercio tradicional e buscar novas oportunidades de negocio que contribúan a gañar en competitividade.
Conde destacou que os gañadores certifican que o comercio galego está “máis vivo que nunca”, sendo un sector estratéxico nesta etapa de consolidación da recuperación económica na que se encontra Galicia. Así, segundo os últimos datos estatísticos, correspondentes ao mes de novembro, as vendas do comercio galego ao por menor medraron un 4,8% con respecto a fai un ano, o que sitúa a Galicia por riba da media do Estado, onde se incrementaron nun 4%. Ademais, xa son 27 meses consecutivos de crecementos interanuais.
Destacou que os premiados ofrecen produtos cun valor engadido sen esquecer as raíces que fan do comercio galego un referente en profesionalidade e atención ao cliente
Nesta primeira edición dos Smart Commerce de Galicia, na que se repartiron 8.500 euros en premios, na categoría E-Commerce destacouse o esforzo realizado por Xiro Atlantic Denim, de Moaña (Pontevedra), para vender produtos a través de internet. Na modalidade Social-Commerce, o premio á mellor estratexia en redes sociais foi para a start-up Carla López Bags. En canto, os galardóns ao mellor labor a nivel provincial, o xurado premiou a Serra Alimentación por Lugo; Ciento-Siete por Ourense; Krack Zapaterías por Pontevedra; e ao establecemento coruñés de cosmética orgánica Lily & White, que tamén foi premiado como o mellor de Galicia.
O conselleiro, que agradeceu a participación dunha trintena de iniciativas, sinalou que os premiados apostan por ofrecer produtos cun valor engadido sen esquecer as raíces que fan do comercio galego un referente en profesionalidade e atención ao cliente. “Teñen identidade propia, ofrecen produtos de calidade e impulsan o emprego das tecnoloxías de última xeración; ingredientes necesarios para que o comercio galego gañe en competitividade e sexa máis internacional”, engadiu Conde, quen tamén destacou a liña de diálogo e colaboración existente entre a Xunta, a Federación Galega de Comercio e as diferentes agrupacións provinciais e locais.
Axudas e nova plataforma dixital
O Goberno galego tamén reforzou este ano o impulso do smart commerce e do comercio en liña a través da concesións de axudas por valor de máis de 3 millóns de euros, das que se beneficiaron preto de 1.000 comerciantes e obradoiros de artesanía, así como 6 federacións e asociacións do sector comercial e artesán.
Baixo esta mesma filosofía, a Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsou a campaña Smart Commerce, coa que a Dirección Xeral de Comercio pretende dar maior visibilidade aos establecementos que se sumaron a esta aposta da Xunta por fomentar o comercio intelixente e a aplicación das novas tecnoloxías.
A Dirección Xeral de Comercio impulsou en 2016 o smart commerce con axudas por máis de 3 millóns de euros para preto de 1.000 comerciantes e artesáns, así como a través dunha campaña que incluíu a posta en marcha dunha páxina web para dar visibilidade ao sector
Para alcanzar este obxectivo, púxose en marcha unha nova web (www.smartcommerce.gal) que sirve de plataforma para unir, dar visibilidade e potenciar aos comerciantes que melloraron os seus establecementos a través das novas tecnoloxías e das vantaxes que aporta a utilización de internet no día a día dos seus negocios, creando deste xeito novas canles de venda máis próximas ao cliente.
Deste xeito, a Xunta cumpre un dos principais retos propostos no Plan estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia para mellorar a modernización do sector, ao que se destinan 70 millóns de euros ata 2020 para incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego a través de 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: ademais de impulsar o smart commerce; céntrase en afianzar un sector comercial renovado e en potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213