Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 02 de Enero de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O aparcadoiro do Cemiterio Municipal de Mos terá por fin acceso directo dende a Estrada N550

Fomento autoriza ao Concello a acometer esta obra tan demandada pola veciñanza.

[Img #29609]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Patrimonio, Camilo Augusto, vistaron o pasado venres a zona do aparcadoiro do Cemiterio Municipal de Mos; aparcadoiro ao que se fará un acceso directo dende a Estrada Nacional 550.


Dita obra, enormemente demandada pola veciñanza, vai ser posible de xeito inminente grazas á autorización do Ministerio que acaba de recibir a administración local mosense, tal e como informaba a rexedora do Concello de Mos.


Os representantes municipais, Arévalo e Augusto, lembraban  que “este aparcadoiro ten xa uns 15 anos e debeu ser durante a súa acometida cando se fixese esta xestión, sen embargo alegrámonos de ter logrado desbloquear este asunto e que por fin o aparcadoiro do cemiterio de Mos vaia ter acceso directo dende a N550”. Deste xeito os vehículos poderán ter entrada e saída directa ó cemiterio dende a Estrada Nacional.


Alcaldesa e edil anunciaron que os traballos de acometida deste acceso comezarán inminentemente, a principios de ano, e informaron de que serán realizados con fondos propios municipais. Ditos traballos incluirán labores de canalización de augas, acondicionamento e pavimentación da zona de entrada, sinalización vertical e reforma das beirarrúas existentes.


Nidia Arévalo declarou a este respecto que “dende o Concello de Mos sentímonos moi satisfeitos de poder poñer en marcha esta obra tan importante e tan demandada polos veciños e veciñas, e que redundará moi favorablemente na fluidez do acceso ao cemiterio, así coma na potenciación do uso do aparcadoiro habilitado, evitando que os coches aparquen no arcén da Estrada Nacional perxudicando a seguridade viaria”. Así mesmo agradeceu a “total colaboración do Ministerio de Fomento neste senso, sen a cal este proxecto non sería posible”.


A autorización concedida por Fomento ao Concello de Mos para a execución desta obra é dun prazo dun ano, antes de cuxa expiración deben estar rematados os referidos traballos.


A ubicación exacta na que se atopa o aparcadoiro do Cemiterio Municipal de Mos, e onde se vai a construír o novo acceso, é o punto quilométrico 152 da Estrada Nacional 550, na súa marxe dereita.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.