GALICIA
Medio Rural renova o seu parque móbil para a loita contra os incendios forestais coa adquisición doutras 12 motobombas
Dende o ano 2009, incorporáronse preto dun centenar deste tipo de todoterreos, imprescindibles para a loita contra os lumes.
A Consellería do Medio Rural renovará este ano o seu parque móbil para a loita contra os incendios forestais grazas á subministración de 12 novos vehículos todoterreo, equipados cunha cisterna de 4.200 litros e cabina sinxela (con capacidade para 2 persoas) para os distritos forestais. Desta forma, a Xunta renova os vehículos motobomba para mellorar a eficacia do dispositivo de loita contra os lumes no seu conxunto.
O importe desta subministración á empresa Uro Vehículos Especiales S.A. ascende a 2,5 millóns de euros, no cal o 80% está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Estas 12 motobombas súmanse as 43 xa entregadas ao longo do ano 2016 aos distintos distritos forestais, por un valor superior aos 9 millóns de euros. Así mesmo, o ano pasado tamén se cederon outros 14 vehículos a concellos.
A Consellería adquiriulle estes vehículos por importe de 2,5 millóns de euros
Esta actuación enmárcase dentro do compromiso da Xunta na loita contra os lumes forestais, un compromiso que se seguirá levando a cabo na vindeira primavera coa compra doutras 12 motobombas máis. Así, desde o ano 2009, lévanse renovado un total de 55 motobombas para os distritos forestais e 42 para os concellos de Galicia.
O obxectivo é dotar a todas as administracións que colaboran na prevención e loita contra os incendios forestais do material axeitado para un bo funcionamento de todo o operativo. Deste xeito, o parque móbil componse de 360 motobombas da Xunta, dos concellos e dos parques de bombeiros, aos que se engaden cisternas, pas e outros vehículos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60