MOS
“O PSOE non é quen de poñer en dúbida a miña defensa do municipio”
A alcaldesa de Mos pregúntase como os socialistas mosenses poden acusala de pregarse ante Fomento cando logrou anular a nova autovía Vigo-Porriño.
De total asombro foi a reacción da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, ante as declaracións dos socialistas mosenses que acusan ao goberno local de “facer a vista gorda” co Ministerio de Fomento ante unhas farolas que se atopan apagadas nas entradas das autovías A-55 e A-52.
En primeiro lugar aclarou a rexedora local aos socialistas mosenses que de “vista gorda” nada, pois a avería púxose en coñecemento do Ministerio e estáselle a facer seguemento para que sexa reparada canto antes.
“Nin eu me chamo María Jesús Escudero nin o presidente do Goberno é José Luis Rodríguez Zapatero, así que pídolles respecto, señores do PSOE; bromas as xustas”. Así de contundente foi a alcaldesa de Mos respecto das desafortunadas declaracións dos socialistas de Mos.
En segundo lugar Arévalo quixo aclarar que “o PSOE non é quen de poñer en dúbida a miña defensa do municipio, porque a única alcaldesa que fixo a vista gorda pregándose a cores políticos foi a rexedora socialista que, pola súa actitude de complacencia cos gobernos centrais do momento (socialistas tamén) consentiu e asinou proxectos nefastos para Mos e mantivo bloqueados outros de vital importancia para o municipio”.
Así, estando o Concello de Mos gobernado polo PSOE, aprobouse o trazado da nova autovía Vigo-Porriño que houbese sido un absoluto desastre para Mos e que Nidia Arévalo logrou evitar fai dous anos coa colaboración da entón ministra de Fomento, Ana Pastor.
Durante estes anos na alcaldía de Arévalo desbloqueáronse asuntos capitais para a localidade mosense, que levaban paralizados dende o goberno local previo cunha socialista ao frente. Tal é o caso do acceso dende a estrada Nacional 550 ao Cemiterio Municipal de Mos.
Outros proxectos promovidos por Fomento dende que Nidia Arévalo é alcaldesa foron o acceso a San Eleuterio dende a autovía A-55, a rotonda en Sanguiñeda que regula o tráfico na intersección que une a saída da autovía A-55 e a Avenida de Sanguiñeda, a pasarela proxectada para Amieirolongo, etc.
Por todo isto a rexedora local mosense asómbrase e pregúntase “quen foi a falar”, porque precisamente o que queren os socialistas denunciar do goberno popular foi precisamente o que fixo o PSOE cando estaba na Alcaldía de Mos.
“Nada de vista gorda nin de complacencia política”, sentencia Arévalo, “non nos acusen a nós do que fixeron vostedes, ata ahí podíamos chegar”.
A alcaldesa de Mos considera que os membros do PSOE "deberían rectificar ante semellantes declaracións das que deberían avergoñarse".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149